Arranca a semana con folga indefinida na Atención Primaria. O sindicato Omega informou da ruptura abrupta das negociación coa Consellería de Sanidade esta pasada fin de semana, o que leva a un escenario de parálise asistencial de incerta duración sen que se vislumbre unha solución que satisfaga a ambas partes.
O sindicato maioritario entre os facultativos denuncia que a Xunta de Galicia rachou as conversas de xeito unilateral cando ambas partes acadaran un principio de acordó, fixando entón un máximo de 33 pacientes por xornada laboral, pero o executivo deu marcha atrás no último momento ó sinalar que non podían comprometerse sen o visto bo da Consellería de Facenda, postura que o sindicato médico califica de irresponsable.
3 mil facultativos están chamados á folga en toda Galicia onde poderían ser suspendidas unhas 8 mil consultas.

