Municipal

Sen acordo entre PSOE, PP e BNG para unha moción de censura en Ourense

O BNG pon a sua sinatura na moción si o Alcalde ou Alcaldesa é socialista

Paco Sarria

ourense | 21.06.2024 08:13

Sen acordo entre PSOE, PP e BNG para unha moción de censura en Ourense
Sen acordo entre PSOE, PP e BNG para unha moción de censura en Ourense | onda cero ourense

Non houbo acordo entre PSOE, PP e BNG para desatascar a posibilidade dunha moción de censura contra Pérez Jácome en Ourense.

Os nacionalistas chegaron a reunión e entregaron un escrito para a moción de censura coa necesaria sinatura dun dos seus edís, pero insisten en que o Alcalde ou Alcaldesa debe ser socialista, anque non rexeitarían un goberno de coalición entre socialistas e populares.

Acto seguido abandonaron a reunión e anunciaron que non voltarán a reunirse ata que non esté asinada a moción.

Os populares expresaron seu malestar por este comportamento e por que os nacionalistas non se aveñan a negociar sobre que puntos pivotaría o goberno. Algo no que tamén insistiron os socialistas que por outro lado quixeron ser os máis optimistas ofrecéndose e liderar un futuro goberno de coalición. Claro que tamén o fixeron os populares.

Para a popular Noelia Pérez ó BNG non lle interesa un compromiso programático.

E a socialista Natalia González foi a máis optimista postulando a seu partido (tamén o fixo o PP) para liderar un hipotético goberno alternativo a Jácome e animando ós nacionalistas a avanzar no desbloqueo da situación.

A partires de agora non haberá máis reunións ata que as diferentes formacións se pronuncien públicamente.