O BNG leva ó Parlamento de Galicia a denuncia do que denominan “Prestige de Sarreaus” que non é máis que un barco afundido na contorna e que está contaminando a zona de gasoil.
Os nacionalistas Agustín Martínez e Bernardo Varela explicaron que o problema require dunha solución inmediata coa retirada da embarcación e a limpeza do verquido.
Sonia Vidal levará este asunto á Cámara galega demandando responsabilidades á Consellería de Medio Ambiente.

