O grupo municipal do Partido Popular solicitou unha inspección extraordinaria de tódolos parques infantís da cidade para garantir a seguridade dos menores.
Para a voceira popular, Ana Méndez, deben ser espazos seguros e non agardar a que se produza un accidente para actuar.
A moción é consecuencia do ocorrido no parque da rúa Cándido Fernández Mazas en O Couto, onde dous menores tiveron que ser trasladados a urxencias despois de cravarse un elemento de maderira deteriorado.

