Educación

A Xunta subliña a labor de Aspanas

O delegado territorial da Xunta amosoulle o compromiso da Xunta de Galicia con ASPANAS polo seu labor exemplar que desenvolven a diario.

Óscar Gómez

Ourense | 14.04.2023 13:48

A Xunta subliña a labor de Aspanas
A Xunta subliña a labor de Aspanas | onda cero

Gabriel Alén amosoulle o compromiso da Xunta de Galicia con ASPANAS polo seu labor exemplar que desenvolven a diario a prol de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, así como a integración individual e a normalización do súa propia contorna.

O delegado territorial explicou que ASPANAS ofrece servizos de atención a persoas adultas con discapacidade psíquica, centro ocupacional, centro residencial, pisos tutelados, centro especial de emprego, servizos de ocio e tempo libre, club deportivo e servizos de internado permanente.

Para desenvolver os seus servizos esta asociación dispón do Centro de día, ocupacional e residencial de Velle, cedido pola Xunta para 97 prazas; e o Centro residencial de gravemente afectados da Peroxa: posto en marcha en 2009. Este centro conta cunha unidade de gravemente afectados con 30 prazas residenciais, todas elas concertadas. Tamén conta con 13 prazas de centro de día autorizadas para persoas gravemente afectadas e con necesidades de apoio xeneralizadas ou permanentes. Ademais, conta con outra unidade de adultos con autonomía de 24 prazas, das que 12 son concertadas.