Infraestructuras

A Xunta inicia tarefas de roza e limpieza en varias estradas da provincia

Comezarán os traballos na OU-114 en Caldeliñas e Campo Becerros; e na OU-636 entre A Pobra de Trives e Freixido; ao tempo que continuarán as tarefas na OU-112 en Laza e Cerdedelo

Óscar Gómez

Ourense | 15.02.2021 09:01

 A Xunta intensifica os traballos de roza e limpieza nas estradas de Ourense
A Xunta intensifica os traballos de roza e limpieza nas estradas de Ourense | onda cero

A Xunta ten previsto iniciar esta semana os traballos de roza e limpeza en dúas estradas de titularidade autonómica da provincia de Ourense e nunha da provincia de Lugo, continuando con esas tarefas en distintas vías nas que xa viña traballando en días pasados.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, vén realizando nos últimos meses este acondicionamento nas franxas de dominio público de vías autonómicas das catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

No marco destas actuacións, comezarán estas tarefas nas estradas da provincia de Ourense: OU-114 en Caldeliñas e Campo Becerros; e na OU-636, que une A Pobra de Trives e Freixido. De xeito paralelo continuarán os labores na OU-112 en Laza e Cerdedelo.

Trabajos de limpieza y desbroce en un camino de Aspe.
Trabajos de limpieza y desbroce en un camino de Aspe. | Ayuntamiento de Aspe

As tarefas que se veñen realizando céntranse na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, coa fin de previr incendios forestais. Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas autonómicas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario.

Ademais, realízase o acondicionamento de zonas verdes e sendas peonís, para que estean en condicións axeitadas. As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.