Canceira Provincial

A Rede provincial de canceiras recolleu 632 animais abandonados

Continúan a manterse unhas cifras de adopción excelentes grazas, en boa medida, ó labor que fan as asociacións colaboradoras que son responsables de máis dun 76% das adopcións.

Onda Cero Ourense

Ourense |

A Rede provincial de canceiras recolleu 632 animais abandonados
A Rede provincial de canceiras recolleu 632 animais abandonados | Deputacion de ourense

A Rede Provincial de canceiras, que presta servizo actualmente a 86 concellos da provincia en materia de recollida, custodia e xestión de animais abandonados, recolleu no ano 2025 un total de 632 cans, dos cales 113 devolvéronse ao seu propietario, 453 foron adoptados e dous recibiron a eutanasia terapéutica.

Neste servizo, que se leva a cabo normalmente nas 24 horas posteriores ó aviso, non están incluídos os animais que foron entregados aos propietarios no lugar de orixe, 70 en total, porque non chegan a ser inscritos no libro de rexistro.

A Rede provincial de canceiras recolleu 632 animais abandonados
A Rede provincial de canceiras recolleu 632 animais abandonados | Deputacion de ourense

No que respecta ás devolucións ao propietario cabe destacar que se logra case un 100% dos animais identificados con microchip, que seguen sendo a minoría, a pesar de ser obrigatorio desde hai anos. Dos non identificados, tan só un 10% aproximado pode ser devolto.

En canto ás adopcións, continúa a lograrse unhas cifras excelentes, grazas en boa medida, ó labor que realizan as asociacións colaboradoras que son responsables de máis dun 76% das adopcións. Neste sentido, cabe destacar que a adopción realízase nun tempo moi curto, xa que máis do 75% dos animais son adoptados no primeiro mes, tralo cumprimento do período de custodia legal e, ao redor do 95%, no primeiro ano.

De feito, os animais que permanecen máis dun ano adoitan ser de razas potencialmente perigosas, cans de raza grande ou con serios problemas de manexabilidade. Con todo elo, actualmente só hai un animal que leva máis de 3 anos nun dos centros de acollida da Deputación, concretamente no da Rúa.