Sanidade

O Subdelegado do Goberno comprométese coa seguridade no PAC

Afonso confirmou que dará traslado desas demandas á comisaría provincial.

Paco Sarria

Ourense | 23.04.2024 10:55

O Subdelegado do Goberno comprométese coa seguridade no PAC
O Subdelegado do Goberno comprométese coa seguridade no PAC | onda cero

O Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso comprometeuse a colaborar e dar traslado das demandas en materia de seguridade plantexadas na reunión celebrada con representantes da Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense referidas ó Punto de Atención Continuada (PAC).

Afonso confirmou que dará traslado desas demandas á comisaría provincial para incrementar a vixiancia na zona nos horarios de maior conflictividade. Así mesmo o Subdelegado acordou solicitar a colaboración do Sergas para mellorar a vixiancia no PAC e lembrou que é este departamento autonómico o encargado de realizar as vixiancias internas no centro.

Profesionais da sanidade denuncian inseguridade no PAC de Ourense
Profesionais da sanidade denuncian inseguridade no PAC de Ourense | onda cero

Profesionais da sanidade denuncian inseguridade no PAC de Ourense

Membros da Comisión de Atención Primaria da Área Sanitaria de Ourense trasladaron ó Subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, o que consideran 'desesperante situación de abandono de conflictividade' que está a vivirse no PAC da cidade de Ourense.

Explicaron a Afonso a inseguridade dos traballadores polas continuas incidencias de ocupación de espacios para a pernocta de persoas alleas ó centro, sen ningún tipo de control, ocupando de xeito continuado salas de espera con doentes e familiares. Lembran que tamén trasladaron á xerencia sanitaria a continua presencia de persoas que non acoden ó centro para solicitar atención senón 'con outras finalidades das que se pon en duda a sua legalidade'.