Atletismo

Bo papel dos conxuntos galegos no campionato de España de campo a través

Bo papel dos clubs galegos que tomaron parte durante esta fin de semana no Campionato de España de Campo a través por clubs que se disputou la localidade burgalesa de Atapuerca.

Óscar Gómez

Ourense | 15.11.2022 08:13

Bo papel dos conxuntos galegos no campionato de España de campo a través
Bo papel dos conxuntos galegos no campionato de España de campo a través | onda cero

Entre as distintas actuacións, o máis salientable foi a medalla de bronce lograda polo equipo masculino Sub20 do Real Club Celta quenes subían ao podio grazas ao excelente traballo realizado no colectivo. O mellor clasificado do equipo vigués foi Hugo García quen entraba en meta no noveno lugar. Xunto ao medallista de bronce Sub20 dos 1.500 m. deste ano, entraba Hugo Suárez no posto 29º; Mateo Rodríguez no 55º; Mario Rodríguez no 92º; Sergio Souto no 120º e Marcos Rivas 141º . Sen abandoar a categoría Sub20, destacamos de igual modo o quinto posto protagonizado polo conxunto feminino da Gimnástica de Pontevedra quen estivo liderada por Isabel Caeiro como a súa mellor atleta ao entrar no posto 26ª.

Non menos salientable resultou o cuarto lugar na modalidade de relevos mixto do ADAS CUPA quen a piques estivo de lograr o bronce nunha chegada de ¨foto finish¨ protagonizada co equipo do AA Catalunya quen finalmente sería o que lograba o metal. Formaron parte do equipo barquense Ignacio García, Loreto Pacho, Sergio Alegre e Inés Docampo. Mención especial para o noveno posto masculino Sub18 da Atlética Lucense e o sétimo do conxunto feminino do C.Atletismo Santiago na categoría Sub23.

Bos resultados no individual

Si todo esto sucedía a nivel colectivo, a nivel individual subliñamos a formidable actuación dos galegos Sub16 quenes coparon os postos de honra co terceiro posto para Lucas García do Ría de Foz; o cuarto de Asheber Díaz da Agrupación Viguesa ; o quinto de Teo de Frutos do Lucus Caixa Rural e o décimo lugar para Lucas Riola do Atletismo Narón. Estes resultados deixan moi boas sensacións de cara ao Campionato de España Sub16 por Seleccións autonómicas.

Outras das notables actuacións son as que protagonizaron as Sub20 logo do quinto posto de Antía Castro do Ourense Atletismo, o sexto de Inés do Campo do ADAS CUPA xunto ao décimo cuarto de Xela Martínez da Atlética Lucense. No resto, destacamos o sexto lugar de Mehdi El Nabaoui do Oriente Atletismo e os oitavos de María Cedrón do ADAS CUPA na categoría Sub23 e de Leyle Villar do Ourense Atletismo na Sub18.