Ourense Cidade

Paco Rodriguez promete devolverlla a voz a xuventude

O candidato asistiu ao acto organizado por XSG de Ourense, no que estivo acompañado do Secretario Xeral de XSG, Xurxo Doval e da Secretaria de XSG de Ourense.

Óscar Gómez

Ourense | 13.03.2023 07:47

Paco Rodríguez fai un chamamento a pór punto final a catro anos de "anomalía democrática"
Paco Rodríguez fai un chamamento a pór punto final a catro anos de "anomalía democrática" | La Voz de Galicia

O Candidato á Alcaldía, Paco Rodríguez, afirmou que “A xuventude non é o futuro, é o presente e a súa voz debe ser tida en conta; a súa visión crítica é esencial para os proxectos socialistas na cidade de Ourense”

Así o manifestou esta tarde, venres 10 de marzo, no encontro organizado polas Xuventudes Socialistas de Ourense, e no que estiveron presentes o Secretario Xeral de Xuventudes de Galicia, Xurxo Doval, a Secretaria de Xuventudes Socialistas, Alba Rodríguez, que convidou ás asistentes ao acto a que expresaran “en confianza” opinións, ideas e proxectos. Ao acto asistiu tamén Natalia G. Benéitez, Secretaria Local do PSdeG PSOE de Ourense, membros de XSG de Ourense e do partido na cidade.

As medidas relativas ao acceso á vivenda e o fomento do emprego mozo de calidade, poñendo fin á precariedade laboral da xuventude, a creación do Consello Municipal de Xuventude, como ferramenta que fomente a participación e o tecido asociativo no ámbito municipal e unha aposta decidida pola formación foron os puntos clave das propostas trasladadas polas mozas e polos mozos asistentes ao acto, claves para sentar as bases dunha acción política que incida de xeito positivo na cidadanía.

“Gran parte dos problemas da mocidade teñen que ver co desemprego e precariedade laboral, situacións estas que sofren con maior intensidade e que dificultan o acceso aos servizos e por riba de todo á vivenda, máxima preocupación da xente moza e principal compromiso das políticas socialistas facilitar o acceso da xuventude mediante políticas activas de apoio ao aluque e compra de vivenda para menores de 35 anos.

O traballo dispoñible para a maioría dos e as novas é precario. Este combina escaseza, temporalidade, xornada parcial e baixa calidade e remuneración, sufrindo ademais unha dobre penalización as mulleres, que unen á súa mocidade a discriminación por razón de sexo aumentando a fenda salarial”

No encontro houbo tempo para confrontar ideas, presentar propostas e formular preguntas ao candidato ; “A mocidade é, e foi sempre vangarda nos movementos que abrían novos camiños, con ideas, creatividade e optimismo”. Paco Rodríguez puxo en valor o traballo realizado polas Xuventudes Socialistas en Ourense lembrando que “A xuventude é solo un momento, pero encerra unha chispa que leva no corazón para sempre” parafraseando a Alberti.

Paco Rodríguez comprometeuse a situar á xuventude como colectivo prioritario na acción de goberno, promovendo políticas que melloren a súa capacitación para a incorporación ao mercado laboral, impulsando a autonomía xuvenil e reforzando a súa presencia no debate das políticas públicas

Representatividade da mocidade

Alba Iglesias, Secretaria Local de XSG de Ourense, agradeceu na súa intervención á Secretaria Local do PSdeG PSOE de Ourense, Natalia G. Benéitez e ao candidato á alcaldía, Paco Rodríguez, o seu apoio constante e a confianza depositada na mocidade en xeral e nas Xuventudes Socialistas en particular, xa que por primeira vez, unha representante das XSG de Ourense integrarase na equipa de goberno da cidade, marcando un antes e un despois na representatividade da xente moza nas institucións públicas.

Programa Xuventude

As XSG de Ourense trasladaron ao candidato as propostas para a súa inclusión no Programa Electoral co que o Partido Socialista de Ourense concurrirá ás Eleccións Municipais do vindeiro mes de maio.

Como avanzaron ao longo do acto, a creación do Consello Municipal de Xuventude que de voz á xente moza en Ourense, a integre na acción municipal e habilite un espazo que sirva como referente é unha das súas demandas.