Ourense capital

Inicio dos tres campamentos urbanos de amanecer

A Asociación Xuvenil AMENCER de Ourense informa sobre as actividades dos 33º Campamentos Urbanos "Cidade de Ourense” 2020.

Adriana Ochoa Arévalo

Ourense | 03.08.2020 09:51 (Publicado 03.08.2020 09:50)

Arrancan los campamentos de verano de 'Save the Children'
Arrancan los campamentos de verano de 'Save the Children' | laSexta.com

Por 33º veráns consecutivos a Asociación Xuvenil AMENCER organiza os “nosos” (de toda a cidade de Ourense) Campamentos Urbanos.

Este verán serán 3 campamentos autónomos de 9 días con actividades abertas e gratuítas para todo rapaz e rapaza de entre 8 e 16 anos de idade, organizándonos do seguinte xeito:

  • Para idades de 8 a 10 anos: 10:45h.-13:15h.

  • Para idades de 11 a 13 anos: 10:45h.-13:15h.

  • Para idades de 14 a 16 anos: 16:45h.-19:15h.

A base do Campamento Urbano será, como xa é habitual, no Colexio Salesiano. As entradas e saídas serán escalonadas durante a media hora antes ou despois de que remate a actividade:

  • Para as idades de 8 a 10 e de 14 a 16 polo portón de abaixo do colexio salesiano, ao carón do parque dos cans, na fachada do colexio salesiano.

  • Para as idades de 11 a 13 anos será polo portón do colexio salesiano na praza Concepción Arenal, ao carón do quiosco.

As saídas serán:

  • Para as idades de 8 a 10 e de 14 a 16 polo portón do colexio salesiano que da á estrada enfronte do rio.

  • E para as idades de 11 a 13 anos será polo portón de Saenz Diez, moi preto da praza Concepción Arenal.

Iniciamos o campamento mañá luns 3 de agosto e rematarase o xoves 13 de agosto. En total 9 días de actividades abertas e gratuítas para tódolos que o desexen. A inscrición debe facerse con anterioridade a participar, polo tanto é imprescindible inscribirse (online ou presencial) antes de que o rapaz ou rapaza poida participar das actividades.

A día de hoxe hai 73 voluntarios/as e 70 rapaces/zas con inscrición previa no Campamento Urbano de 8 a 10; 134 rapaces/zas de 11 a 13 e 116 rapaces/zas de 14 a 16 anos.

Actividades a realizar luns 3 de agosto

Será o primeiro día dos C.U. ás 10'15h. (para os Campamentos Urbanos de 8 a 10 e de 11 a 13 anos) e ás 16:15h. (para o Campamento Urbano de 14 a 16 anos) abriranse as portas cun tempo de acollida por idades en lagares diferenciados. A secretaría estará aberta (nos locais de Amencer) todo o día para inscribir a todo rapaz e rapaza que desexe participar nas actividades dos Campamentos Urbanos e solventar dúbidas.

Ás 11h. está previsto comezar cos "Bos días" (e ás 17h. as Boas tardes) no campo de herba do colexio salesiano en pequenos grupos presentando as diversas actividades do Campamento Urbano, ós animadores participantes, e ó himno do noso campamento. E a continuación faremos pequenos grupos fixos de idades para todo o campamento e realizaremos a primeira grande actividade titulada “Coñecéndonos”, xogos para coñecernos os que estamos no mesmo pequeno grupo.

E sobre as 12:45h. xuntarémonos en pequenos grupos os rapaces/as e animadores/as na Ponte do Milenio, Pasarela, Ponte Vella, Terrazas do Centro Comercial, Parque Ribeira de Canedo ao carón do río e en Salesianos para facer unha conta atrás de 10 a 0, un grande aplauso á sociedade ourensá polo esforzo que está a realizar nesta situación que vivimos e un foguete humano. Regresando á base dos Cu en Salesianos e saír cara a casa de 13:15 a 13:45.

No Campamento Urbano da tarde farase o mesmo xesto ás 18:30h cos heroes nesta pandemia diante do CHUO, Gadis do Centro Comercial, Bombeiros, Cruz Vermella, Policía Local e Policía Nacional.