Soliradidade

A III Pasarela Solidaria de Allariz recada 5.014 euros a favor do cancro

No acto participaron as organizadoras Teresa Quintana, Olga Ferreiro e Helen Aranburu, xunto ao presidente provincial da entidade, Germán Rodríguez-Saá.

Onda Cero Ourense

Ourense |

A III Pasarela Solidaria de Allariz recada 5.014 euros a favor do cancro
A III Pasarela Solidaria de Allariz recada 5.014 euros a favor do cancro | Onda Cero

A terceira edición da Pasarela Solidaria de Allariz logrou recadar un total de 5.014 euros, que foron entregados á Asociación Española Contra o Cancro en Ourense para contribuír ao impulso da investigación oncolóxica e avanzar cara ao obxectivo de acadar unha taxa de supervivencia do 70% no cancro en 2030.

Durante o acto, Rodríguez-Saá quixo salientar e agradecer “a implicación da organización, das persoas colaboradoras e de toda a sociedade alaricana, así como o compromiso do comercio local, fundamental para facer posible este tipo de iniciativas solidarias que teñen un impacto directo na investigación contra o cancro”.

Dende a Asociación tamén se trasladou un sincero agradecemento a todas as persoas que participaron na iniciativa, especialmente a quen colaborou coa compra de rifas e coas doazóns da fila 0, así como ás entidades e negocios que apoiaron o evento. A Pasarela Solidaria de Allariz consolídase un ano máis como unha cita que une moda, solidariedade e compromiso social, demostrando a forza da colaboración cidadá na loita contra o cancro.