Bádminton

Grandes resultados do Club Athlos na fin de semana

Tres ouros, unha prata e catro bronces no torneo N7 Sub 13/17 celebrado en Vigo esta pasada fin de semana.

Óscar Gómez

Ourense | 13.03.2023 08:59

Grandes resultados do Club Athlos na fin de semana
Grandes resultados do Club Athlos na fin de semana | onda cero

Os Xogadores sub13: Antón González, Daniel Alvarez e Ibai Baltar, e os Xogadores sub17: Noa Martínez, Martina Llamas, Eva Fernández, Mariña González, Beatriz López, Gael Rguez Santamaría, Gael Rguez Pérez, Adrián Seijo e Xoel Alvarez. todos eles acompañadxos polas adestradoras Sara Galicia e Sara Ezquerro, participaron no torneo N7 Sub 13/17 celebrado en Vigo colleitaraon tres ouros, unha prata e catro bronces.

As tres medaias de Ouro as conseguirone Antón González e Daniel Álvarez no dobres masculino sub13; Xoel Álvarez no dobres masculino sub17 xunto a Adrián Rodríguez do @cbasneves e Martina Llamas e Noa Martínez no dobres feminino sub17.

Mariña González e Beatriz López no dobres feminino sub17 conseguiron a medaia de prata.

As catro medaias de bronce as conseguiron Gael Rguez Santamaría no dobres masculino sub17 xunto a Iker Otero do @cbasneves, Mariña González no individual feminino sub17, Beatriz López e Gael R. Santamaria no dobres mixto sub17 e Emma Pedrera e Eva Fernández no dobres feminino sub17.

Campeonato Internacional Championships 2023

Celebrouse na vila de Caldas da Rainha (Portugal) o 58º Campeonato Internacional Championships na que participou o xogado Javier Alava Acompañado polo seu adestrador do CGTD, Rafael Vázquez. Javier Alava consegue o pase ao cadro principal na modalidade de dobres masculino xunto ao seu compañeiro Rodrigo Sanjurjo do @badmintonaspontes e ceden ante a parella xaponesa • por 21-8/21-11.

Javier Alava
Javier Alava | onda cero