A Garda Civil de Celanova en Ourense tomou declaración a un veciño de Verea de 55 anos coma presunto autor dun delito de furto de 34 colmeas valoradas en 5000 euros.
A investigación, no marco da denominada Operación ARNIA OU, iniciouse a raíz dunha denuncia presentada en abril por un apicultor da localidade de Verea.
As colmeas foron localizadas nunha finca propiedade do investigado constatándose que tras borrar o número de explotación, repintóunas para evitar que foran localizadas.

