Gastronomía

"Galicia sabe a mar"

A Xunta ensalza en Avión a saúde e a calidade de vida que están detras do consumo dos productos do mar.

Óscar Gómez

Ourense | 24.10.2023 09:27

"Galicia sabe a mar"
"Galicia sabe a mar" | onda cero

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou a foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR que fixo parada no concello ourensán de Avión, onde enxalzou os produtos das rías galegas e instou a que sexan parte dunha dieta saudable e equilibrada que contribuirá a elevar a calidade de vida dos seus consumidores.

Galicia sabe a mar
Galicia sabe a mar | onda cero

O titular de Mar estivo acompañado polo rexedor do municipio, Antonio Montero, e destacou o valor da alimentación saudable en base ás materias primas que aporta o sector marítimo-pesqueiro galego e congratulouse polo éxito desta iniciativa que xa percorreu boa parte do territorio galego chegando xa a máis de 270.000 persoas e superando o milleiro de degustacións dos seus petiscos