Concello de Verín

O Concello de Verín presenta máis dunha vintena de propostas variadas para o Lázaro 2023

Feira de Artesanía e alimentación, natación, actividades de ocio para todas as idades, unha mostra de vehículos novos e de ocasión, actuacións musicais, menús especiais lázaro e os tradicionais actos relixiosos conforman a oferta preparada polo Concello de Verín para o Lázaro 2023, os próximos días 25 e 26 de marzo.

Onda Cero Ourense

Ourense | 17.03.2023 13:38

O Concello de Verín presenta máis dunha vintena de propostas variadas para o Lázaro 2023
O Concello de Verín presenta máis dunha vintena de propostas variadas para o Lázaro 2023 | Concello de Verín
Lázaro 2023

O Concello de Verín presentou o programa oficial de actividades para o Lázaro 2023, que terá lugar os días 25 e 26 de marzo. Este ano, o Concello de Verín retoma a súa tradicional festa patronal ofrecendo un amplo abano de propostas enfocadas a todos os públicos.

A programación oficial foi presentada no Salón de Actos da Casa da Cultura por Manuel Lorenzo, concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería e Diego Lourenzo, tenente de alcalde do Concello de Verín.

O concepto da festa é a de un “Lázaro Multicartel” no que a veciños e visitantes poderán desfrutar dunha completa fin de semana con máis dunha vintena de actividades, distribuídas por toda a vila, para todos os segmentos de público e todas as idades», salientou Manuel Lorenzo.

Actividades Lázaro 2023

Feira de Artesanía e alimentación, actuacións musicais, natación, actividades de ocio para todas as idades, unha mostra de vehículos novos e de ocasión, menús especiais lázaro e os tradicionais actos relixiosos conforman a oferta preparada polo Concello de Verín para esta nova edición do Lázaro.

Actividades deportivas

Este ano, no eido dos deportes, celebraranse o sábado 25 de marzo os seguintes eventos: as 10:30 horas, o Torneo das Escolas Deportivas de Natación na Piscina Climatizada de Verín coa (participan: Club Natación Verín, Piscina Climatizada de Allariz, Piscina Climatizada de Xinzo, Flavitus Nataçao Clube, Nataçao C. Chaves) e o partido de veteranos de fútbol entre o A.D. Veteranos Verín e o G.D. Chaves, no Complexo Deportivo de A Granxa, ás 16:30 horas.

Feira de mostras de artesanía e alimentación

Por outra banda, durante os días 25 e 26 de marzo haberá una completa feira de mostras de artesanía e alimentación, ubicada no Pavillón Municipal de Deportes de Verín e repleta de actividades variadas como obradoiros, cata e maridaxe de viños, ambientación musical ou catas de produtos de alimentación.

Olaría, cestería, coiro, traballo en porcelana, cerámica decorativa, xoiaría de prata, traballos en fieltro, roupa artesá, coitelaría, instrumentos musicais, xabóns artesanais, artigos personalizados; ou Embutidos, queixos, doces, mel, patés, viños, marmeladas, crepes, anchoas, pan, licores, aceite, serán algúns dos sectores e produtos que se poderemos encontrar na nos más de medio centenar de expositores que participan este ano na feira. Ao igual que nas pasadas edicións, a D.O Monterrei estará presente co seu Túnel do Viño durante as dúas xornadas.

Non faltarán no Pavillón municipal os obradoiros infantís. Durante as dúas xornadas da feira, realizaranse actividades destinadas aos máis cativos e cativas no que poderán levar a cabo distintos xogos e manualidades. Para complementar o programa, este ano volverá a asentarse na rúa Irmáns Moreno unha mostra de vehículos novos e de ocasión.

Debido o aforo limitado nas actividades ubicadas no pavillón, recoméndase realizar as inscrición por algún dos seguintes medios: vía mail: adl@verin.gal, no formulario da web municipal, a través da Oficina desenvolvemento local do Concello de Verín ou durante a feira no stand da organización. As persoas inscritas nas actividades deberán estar no espazo dedicado as mesmas cunha antelación mínima de 5 minutos antes do comezo.

Actividades culturais e musicais

Segundo explicou o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, «no que actividades musicais e culturais se refire, manterase a liña de programación das anteriores edicións ofrecendo actuacións pensadas para todas os segmentos de público».

Deste xeito, a programación musical arrinca o sábado 25 de marzo, ás 17:30 horas, a praza da Mercé será o escenario da segunda edición do Festival de Bandas de Música “Vila de Verín”, que contará coa participación da Banda de música de Castrelo (Cambados), Bandas dos Conservatorios Profesionais de Música de Verín e As Pontes.. Por outra banda, a Praza García Barbón acollerá a actuación da Orquestra Claxxon en dous pases. As 21:00 e a 1:00 da madrugada do domingo.

Xa o domingo 26 de marzo, ás 17:00 horas, haberá un pasarrúas a cargo do grupo Tómalle outra desde a Praza García Barbón ata o Pavillón Municipal (Percorrido pola Feira do Lázaro). Para rematar -a partir das 19:30 horas- a Orquestra Olympus pechará a programación musical do Lázaro na Praza García Barbón.

Por último, tamén o domingo, ás 12:00 horas, celebrarase a tradicional misa do Lázaro na Igrexa Parroquial de Santa María a Maior, coa Coral de Verín. Ao rematar o acto relixioso haberá unha procesión ata San Lázaro, que contará coa participación da Banda de Gaitas do Concello de Verín.

Cartel Festa do Lázaro 2023 - Concello de Verín
Cartel Festa do Lázaro 2023 - Concello de Verín | Concello de Verín