Ourense Cidade

As axudas do Concello aos autónomos aprobaranse este mes en xunta de goberno

Así o anunciou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, logo dunha xuntanza na Alcaldía con técnicos municipais para avanzar no desenvolvemento deste programa de apoio ao empresariado local.

Óscar Gómez

Ourense |

As axudas do Concello aos autónomos manteñen o seu calendario e aprobaranse este mes en xunta de goberno | La voz de galicia

As axudas que o Concello de Ourense concederá aos autónomos que desenvolven a súa actividade na cidade manteñen o seu calendario e se aprobarán no actual mes de setembro. Así o anunciou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, logo dunha xuntanza na Alcaldía con técnicos municipais para avanzar no desenvolvemento deste programa de apoio ao empresariado local.

O calendario de axudas aos autónomos vai ben”, concluíu o alcalde, quen avanza que o goberno municipal prevé aprobalo este mes en xunta de goberno local, unha vez que as bases sexan fiscalizadas, e realizar a convocatoria das axudas no propio mes de setembro, para iniciar o seu pagamento de forma progresiva.

As axudas, lembrou o alcalde, chegarán a todos os autónomos que traballan na cidade, non só aos censados no municipio, senón a aqueles censados na provincia que realizan a súa actividade económica e profesional en Ourense.

O Concello de Ourense dispón dun montante de 20 millóns de euros para darlle apoio a este colectivo, fortemente afectado polas consecuencias económicas da pandemia da Covid-19. Esta contía foi aprobada xa polo Pleno do Concello, a través dunha modificación de crédito.