O alcalde fai un chamamento á cidadanía para que cumpra as novas restricións pola covid-19
“É responsabilidade de todos”, quen lembra que o obxectivo é frear calquera gromo e descender os contaxios.
O alcalde de Ourense de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, fixo un chamamento á cidadanía para que cumpra “escrupulosamente” as novas medidas e restricións determinadas pola Consellería de Sanidade na cidade de Ourense para evitar a expansión da covid-19.
O alcalde lembra que as medidas, que entraron en vigor hoxe, xoves, responden a un obxectivo fundamental: salvagardar e protexer a saúde das veciñas e dos veciños e intentar “frear calquera gromo e descender o número de contaxios”. “Por iso fago un chamamento, como alcalde, porque é responsabilidade de todos”, sinala Pérez Jácome.
As medidas determinadas pola Consellería de Sanidade logo da reunión do comité clínico que segue a evolución epidemiolóxica da Covid-19 en Galicia, son entre outras:
Limitación da ocupación ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros.
Limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas
Redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto
Peche dos centros de día e residencias.
Uso obrigatorio da máscara en ximnasios.
Todas as medidas están na Orde da Consellería de Sanidade do 2 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19, que se poden consultar no DOG de onte [enlace] e no espazo web do Concello de Ourense, www.ourense.gal.