Deporte
Comeza a campaña de abonados do COB 21/22
O abono incluirá os 13 partidos de liga que o noso equipo disputará no Pazo dos Deportes Paco Paz e, en caso de disputarse xa sexa a final polo ascenso ou os playoffs, eses encontros estarán incluidos.
Unha vez máis, tódolos abonos terán un asento asignado (a pesares de que dito asentonon sairá no carné físico, quedará rexistrado na nosa base de datos) aínda que,dependendo das medidas sanitarias que en cada momento estén vixentes, é posible que dito asento reservado non poida utilizarse.










