Montealegre Club de Golf foi o lugar elexido para a celebración dunha nova edición do Torneo de Golf de Onda Cero Ourense, clasificatorio para o circuito nacional de Golf de Onda Cero que se celebrará ó vindeiro 27 de novembro en Islantilla Golf Resort.
Do torneo de Ourense clasificáronse 3 participantes para a final nacional que se celebrará no campo de Golf Islantilla Golf Resort. Os finalistas ourensáns (así cómo os do resto de torneos de Onda Cero en toda España) velarán armas en Double Tree by Hilton Islantilla.
Gañadores do Torneo de Golf de Onda Cero Ourense
O torneo de Ourense deixou as seguintes clasificacións:
1ª Categoría
- Campeón: Juan José Vázquez Ferreira (Trofeo de Onda Cero, clasificado para á final do torneo nacional de Onda Cero en Islantilla (non inclúe desplazamentos). 1 estuche de Povarelo. 1 botellón de Terras Gauda. 1 cesta de Mora & Bastida clínica odontológica)
- Subcampeón: Roberto Paradela Caride (Trofeo de Onda Cero, 1 botellón de Terras Gauda e 1 cea para 2 personas no Casino de Vigo)
2ª Categoría
- Campeón: Juan Carlos Nóvoa Banga (Trofeo de Onda Cero, clasificado para á final do torneo nacional de Onda Cero en Islantilla (non inclúe desplazamentos). 1 estuche de Povarelo. 1 botellón de Terras Gauda. 1 cesta de Mora & Bastida clínica odontológica)
- Subcampeón: Jacobo Seguín Fernández (Trofeo de Onda Cero, 1 botellón de Terras Gauda e 1 cea para 2 personas no Casino de Vigo)
Scratch
- Campeón: Alejandro Nimo Pereira (Trofeo de Onda Cero, clasificado para á final do torneo nacional de Onda Cero en Islantilla (non inclúe desplazamentos). 1 estuche de Povarelo. 1 botellón de Terras Gauda. 1 cesta de Mora & Bastida clínica odontológica)
Aproach
- Campeón: Santiago Blanco Suarez: Premio especial gentileza de Yutravel (1 noite no Balneario de Mondariz para 2 persoas con aloxamento e desayuno e un Green Fee nas datas indicadas no bono) e botellón de Terras Gauda
Noraboa a todos os participantes e a Montealegre Club de Golf pola súa excelente organización.
Más de Uno Ourense desde o Montealegre Club de Golf
O venres 17 de septiembre, Onda Cero Ourense desplazouse ó Montealegre Club de Golf para vivir unha xornada de radio e golf desde as instalacións do campo de Golf ourensán. Paco Sarria conversou con varios dos patrocinadores do torneo.
Carlos Criado
Paco Sarria conversou con Carlos Criado (encargado de competicións de Montealegre Club de Golf) que nos falou do club de golf e a súa historia e nos debullou o Torneo desta fin de semana)
Paula Campos
Paula Campos é a encargada do restaurante de Montealegre Club de Golf que nos falou das especialidades, do menú do día do restaurante e de outros moitos temas de interese relacionadas co seu establecemento.
José Novoa
Con José Novoa achegámonos o mundo do Vermú da man dun dos patrocinadores do torneo (Povarelo) que nos falou dun producto cada vez máis en auxe e no que ata se está a producir un cambio nas costumbres horarias porque o vermú, ahora, xa non é un producto exclusivamente de mediodía.
Eva André
Eva André é a xerente de Balpersa (concesionario Volvo na provincia de Ourense) e aínda que non tivo a oportunidade de achegarse físicamente ás instalacións de Montealegre Club de Golf contounos a paixón da súa firma co mundo do Golf ademáis de "representarnos" todo o que ofrece Volvo ós ourensáns que visiten o seu establecemento.
Foi unha xornada especial que sería imposible sin o apoio dos nosos patrocinadores e colaboradores:
- Povarelo, o noso vermú
- Balpersa, concesionario Volvo na provincia de Ourense
- Mora & Bastida, clínica odontológica
- Esmorga, a cervexa de Ourense
- Yutravel, co premio espcial ó Aproach
- Terras Gauda
- Casino de Vigo
- Coca Cola
- Hispacold
- Piel de Toro
- Turismo de Andalucía
- Islantilla Golf Resorte
- Double Tree by Hilton Islantilla
Gracias a todos