Cultura

Chega o mes da ciencia en galego á biblioteca Nós

Os centros bibliotecarios xestionados pola Xunta van acoller ao longo de novembro preto de 40 actividades de divulgación científica enmarcadas na celebración do Mes da ciencia en galego nas bibliotecas.

Haberá mostras específicas sobre o eido científico para público infantil e adulto, así como a actividade para a rapazada Ciencia e tecnoloxía na volta ao mundo de Xulio Verne

A autora Antía Yáñez manterá un encontro arredor da súa obra Senlleiras o 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero.

Concello de ourense

Traballos de mellora do parque infantil da Alameda do Concello

As obras inclúen a instalación de novos xogos e dun novo valado do recinto do parque. A remodelación supón un investimento de 48.386,40 euros e enmárcanse na primeira fase do plan de modernización de parques infantís da cidade.