Emprego

Formación de 72 persoas traballadoras da construción no uso seguro de vehículos e maquinaria

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participaron na entrega dos diplomas aos participantes en catro cursos de formación en materia de prevención organizados pola Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense (ACO).

Puxeron en valor a aposta pola formación e as actualizacións normativas que fan posible que a construción xa non sexa a actividade con maior sinistralidade laboral.

A Xunta apoia con 1,5 millóns de euros este ano ás asociacións empresariais e sindicatos de Galicia para potenciar a prevención de riscos e ofrecer formación.

Cultura

A Deputación recupera o Festival Medieval do castelo do Bolo

O evento alcanza a súa cuarta edición mesturando a historia e a lenda da raíña Dona Urraca que a tradición popular sitúa no Concello do Bolo, así como coa modernidade ao ser retransmitido por internet e ofrecer ao público a oportunidade de visitar, tamén a través da rede, a exposición de gaitas ibéricas que acolle o castelo.

Economía

12M€ para axudar a 1500 pemes e microempresas a invistir en innovación

Unha das iniciativas do programa é Camiño da Innovación, un servizo de atención ás pemes e unha exposición itinerante con 18 etapas que percorrerá toda Galicia.

Conde subliña que a innovación é a esencia da competitividade futura do tecido empresarial galego xa que determina a súa capacidade para diferenciarse, achegar valor, adaptarse ao contorno e crecer.

O foco dos apoios estará posto nas empresas con potencial para innovar pero que aínda non o fixeron, así como nas situadas en núcleos non urbanos.

Concello de Ourense

Tributo a Michael Jackson e ABBA no Auditorio de Ourense

Estes dous espectáculos súmanse ao musical infantil, á función de Sarabela -A lingua das Bolboretas-. O venres 12 de novembro, MICHAEL LEGEND chega a Ourense coa vitola de 'mellor musical dedicado ao Rei do Pop.