Violencia Machista

José Miñones defende construír unha sociedade xusta e igualitaria como sinónimo dun “futuro mellor” fronte á violencia machista

Os Recoñecementos Meninas chegan por cuarta vez a Galicia para destacar o férreo compromiso fronte a violencia de xénero de persoas ou entidades das catro provincias.

No que vai de ano xa preto de 6.000 mulleres sufriron algún tipo de agresión física ou psíquica en Galicia, foron dictadas 2.000 ordes de protección e hai 4.000 vítimas activas no sistema VioGén José Miñones reafirma o compromiso do Goberno coa loita fronte ao machismo cun proxecto “profundamente feminista”.

O Executivo xa investiu 37 millóns de euros en Galicia nos últimos tres anos en políticas de igualdade e loita fronte ao machismo. O delegado anima os concellos galegos a sumarse ao Sistema VioGén, que xa conta con 41 municipios

Concello Ribadavia

Posibilidade de implantar un póligono agroforestal no Concello de Ribadávia

O conselleiro do Medio Rural e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural mantiveron un encontro coa rexedora desta localidade ourensá. Na reunión, tratáronse as vantaxes de impulsar unha ampla superficie de terreo destinada a viñedo, co fin de ampliar a produción da Denominación de Orixe Ribeiro.

Tren Alta Velocidade

Pontón: “O AVE é a crónica dunha discriminación con Galiza”

“A chegada do AVE a Galiza é a crónica dunha discriminación dos sucesivos gobernos do PP e do PSOE, tras décadas soportando anuncios que nunca se cumpriron, e iso pasou con executivos de uns e outros alternándose na Moncloa”.

“O AVE ía chegar no 2009, no 2012, no 2016, no 2018, no 2019..., estamos no 2021 e aínda hoxe os galegos e as galegas non poden viaxar en alta velocidade, mentres outros territorios levan 25 anos desfrutando desta infraestrutura, aquí levamos 25 anos soportando mentiras".

Violencia de género

A Xunta reivindica a loita contra a violencia de xénero no rural

A Xunta conta con programas para potencial o liderado das mulleres rurais e a súa incorporación ás estruturas de decisión. A secretaria xeral aproveitou a súa presencia na Arnoia para reivindicar o compromiso da Xunta por un rural que aposte pola igualdade.

Igualdade

A Deputación abre no Parque da Igualdade “un espazo para a esperanza e a reflexión”

Ourense conta cun enclave, situado na contorna do encoro de Cachamuíña, onde a cidadanía, a comunidade educativa, familias ou calquera outro colectivo van ter a oportunidade de tomar conciencia desta realidade e visibilizar ás vítimas.

O parque, en forma de lazo, incopora unha escultura de Manuel Buciños, “El abrazo”, na que se rende homenaxe permanente ás máis de 1.100 mulleres asasinadas desde 2003 e cuxos nomes figuran ao pe da peza artística.