8 de Marzo

A Deputación de Ourense celebra o foro “Emprendedoras, en feminino”

A deputada Luz Doporto reivindica o papel das administracións públicas: “É clave reivindicar a igualdade en todos os ámbitos, e visibilizar as mulleres que romperon teitos de cristal”

A xornada “Emprendedoras, en feminino” celebrarase este martes, 8 de marzo, a partir das 17.30 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel. “Pretende poñer en valor ás mulleres ourensás que decidiron emprender e axudar, a todas as que pensan facelo. Para o emprendemento feminino e moi importante visibilizar ás emprendedoras, con traxectoria destacada neste eido”, avanza Luz Doporto, que sinala o seu “orgullo por formar parte desta iniciativa da Deputación de Ourense, visibilizando e poñendo en valor o emprendemento en feminino”.

Concello de Ourense

A Xunta impulsa un itinerario peonil e ciclista para conectar a cidade de Ourense de norte a sur

O itinerario integrará 5,2 km de sendas, comezará na intermodal e desenvolverase pola avenida das Caldas, a Ponte Romana, o Paseo do Barbaña, o CHUO, Expourense e o Pazo dos Deportes Paco Paz

As actuacións, que configuran un eixo norte-sur ao longo do río Barbaña, proseguirán desde Ponte Sevilla ata Seixalbo e Bemposta a través da OU-105

A intervención enmárcase nos proxectos promovidos pola Xunta ao abeiro dos fondos Next Generation para fomentar a mobilidade sostible nas cidades galegas