Cultura

Velada literaria ao redor de Carlos Casares

Mañá martes día 8 de marzo , ás 20:00 horas, celebrarase no Liceo de Ourense unha velada literaria en lembranza de Carlos Casares, estarán o escritor Xosé Carlos Caneiro, a actriz Mariana Carballal, a cantante María do Ceo e mais Håkan Casares Berg,

Óscar Gómez

Ourense | 07.03.2022 09:46

Velada literaria ao redor de Carlos Casares
Velada literaria ao redor de Carlos Casares | onda cero

A un día da conmemoración do 20º cabodano da súa morte, será a primeira dunha longa serie de actividades que a Fundación do escritor ourensán realizará por toda Galicia durante 2022, en colaboración coas principais institucións culturais do país, para recordar a quen tanto fixo pola cultura galega.

Nesta primeira velada literaria estarán o escritor Xosé Carlos Caneiro, a actriz Mariana Carballal, a cantante María do Ceo e mais Håkan Casares Berg, administrador da Fundación Carlos Casares e fillo do escritor, reunidos co pano de fondo da evolución da literatura, o teatro e a música durante nestes 20 anos que levamos sen Carlos Casares.

No acto, ademais, leranse textos literarios e María do Ceo cantará dúas pezas especialmente dedicadas ao escritor