Ourense Provincia

400 deportistas se reunirán na VII edición da “Ourense Strade Termal”

Este evento deportivo, que se celebrará o 21 de abril co apoio da Deputación de Ourense a través do Inorde e da Axencia de Turismo de Galicia, ofrece aos deportistas dous percorridos de 110 e 80 km, con diferentes zonas de “sterrato”.

Óscar Gómez

Ourense | 18.04.2024 08:40

400 deportistas se reunirán na VII edición da “Ourense Strade Termal”
400 deportistas se reunirán na VII edición da “Ourense Strade Termal” | onda cero

O presidente do Inorde destacou a “gran acollida” que ten cada ano esta proba e puxo en valor o carácter “dinamizador” deste tipo de eventos afirmando que “a oferta de aloxamento do Xurés está ao 100% de ocupación e, ademais, xéranse pernotacións noutros puntos próximos da provincia”. A “Ourense Strade Termal” logra en cada edición “atraer a máis participantes de fóra de Galicia, principalmente de Madrid, País Vasco, Cantabria, Asturias e do norte de Portugal”, salientou Rosendo Fernández.

Esta nova edición da “Ourense Strade Termal” levará aos cicloturistas apaixonados do “sterrato” a descubrir fermosas paraxes da Baixa Limia, pertencentes aos concellos de Lobios e Muíños. Ademais, a “Ourense Strade Termal” conserva o seu carácter internacional e levará aos participantes novamente ata a Cámara Municipal de Montalegre.

A competición, que está dentro do Calendario Nacional da Real Federación Española de Ciclismo, ofrece aos deportistas dous percorridos: o gran fondo de 110 quilómetros e cun desnivel de 1.800 metros, e un mini fondo de 80 quilómetros con 1.200 metros de desnivel acumulado, dúas distancias con tramos de terra compactada. A saída, será ás 9.30 horas no Balneario Lobios Caldaria situado en Riocaldo (Lobios), onde tamén será o punto de chegada.