Ourense Cidade

O BNG demanda solución á falla de prazas no Otero Pedrayo

A ANPA do Irmáns Villar advirte da insuficiencia de prazas no IES.

Paco Sarria

Ourense | 30.04.2024 13:23

O BNG demanda solución á falla de prazas no Otero Pedrayo
O BNG demanda solución á falla de prazas no Otero Pedrayo | onda cero

O BNG solicita á Xunta de Galicia que poña solución á falla de prazas no IES Otero Pedrayo e que pode deixar sen prazas a alumnos do CEIP Irmáns Villar da capital ourensá.

A parlamentaria nacionalista Noa Presas lembra que éste IES é seu centro de referencia.

quedarian fora 13 persoas

Engade a deputada autonómica que a ANPA do CEIP Plurilingüe Irmáns Villar 'ten advertido en reiteradas ocasión da insuficiencia de prazas para o alumnado que tería que comezar unha nova etapa educativa da ESO noutro centro de ensino que non é o que lles correspondería'.

Para Presas o que ocorre é consecuencia da falla de planificación da Xunta de Galicia que non tivo en conta a previsión con base aos datos demográficos e de ocupación dos centros adscritos ao centro de secundaria. A oferta é de 84 prazas e son 97 as solicitudes presentadas