Saude Mental

A exposición 'Os ollos da mente' acompañará ao espectáculo 'Neura'

A Saúde mental en perspectiva no Auditorio Municipal de Verin.

Paco Sarria

Ourense | 29.04.2024 12:09

A exposición 'Os ollos da mente' acompañará ao espectáculo 'Neura'
A exposición 'Os ollos da mente' acompañará ao espectáculo 'Neura' | concello de verin

O Auditorio Municipal de Verin acollerá este martes o espactáculo 'Neura' como complemento á exposición 'Os ollos da mente'.

A mostra consta dunha serie de máis de oito pezas escultóricas da artista ourensá afincada en Suiza, MJ Domínguez e que teñen como fío conductor a saùde mental.

A proposta é para que o público de "Neura" teña un antes en un despois de asistir ao espectáculo; outra visión artística ó redor do tema central e cuestións análogas vistas con diferente sensibilidade e distintos materiais.

A exposición será recollida ó rematar a escenografía.