Ourense Cidade

Melloras no firme da Cidade

Tres camiño rurais e dúas rúas de diferentes parroquias de Ourense serán mellorados no seu firme, grazas á colaboración solicitada por parte da Alcaldía á Consellería de Medio Rural

ondacero.es

Ourense | 26.02.2019 12:19

Colaboración do Concello con Medio Rural
Colaboración do Concello con Medio Rural | concello de ourense

Segundo un convenio de cooperación subscrito entre o Concello e esta consellería da Xunta de Galicia, mellorarase o firme en núcleos das parroquias de Untes (camiño da Seara), Santa Cruz de Arrabaldo (Toco do Raposo), San Miguel de Canedo (costiña de Canedo), e nas rúas Pazos de Eiroás e rúa do Medio. O custe destes traballos será de 61.128,72 euros.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, agradece ao conselleiro José González “a súa boa disposición a atender todas cantas demandas lle trasladamos por parte da veciñanza das zonas rurais da cidade, que piden melloras ás que conseguimos dar resposta grazas á cooperación institucional”.