Ourense Cidade

Jesús Vázquez presenta en FITUR a campaña turística do Concello

O rexedor recordou que o AVE achegará cada vez máis a posibilidade de “experimentar esta explosión de sensacións” ao situar Ourense a menos de tres horas de Madrid

ondacero.es

Ourense | 24.01.2019 08:03

Jesús Vazquez en Fitur
Jesús Vazquez en Fitur | Concello de ourense

Ourense vén de presentar na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) a súa campaña “DeXconecta #Ourensanamente”, unha invitación a descubrir que nosa cidade “non é un destino calquera, senón unha forma de vivir, unha experiencia, unha sensación. Un lugar onde deXconectar de todo aquilo que nos estrase e produce ansiedade”.

Así o explicou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a posta de largo da nova campaña turística da cidade das Burgas nesta Feira, un acto que contou coa presenza do concelleiro de Turismo e Termalismo, Jorge Pumar e da delegada da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; e que foi conducido polo actor Sergio Pazos.

Vázquez Abad foi o encargado de presentar esta iniciativa, coa que o Concello quere dar continuidade á campaña “Un plan perfecto” que nos últimos dous anos confirmou a nosa cidade como “destino de moda”; pero que supón un paso adiante porque “Ourense é moito máis que un rico patrimonio, un termalismo único, unha exquisita gastronomía, un comercio sorprendente, un ocio incansable ou unha vida cultural moi activa”.

“Fomos quen de inventar un novo concepto: a deXconexión”, defendeu o rexedor. Trátase dunha proposta que xorde das oportunidades de gozar da saúde e relaxación que ofrece ser a Capital Termal de Galicia, ao tempo que se

pode descubrir unha riqueza cultural e patrimonial única, ou gozar de experiencias culinarias que ofrecen “o mellor da gastronomía galega”.

Neste sentido, o rexedor recordou que a nosa cidade “ten un gran tesouro: un océano de auga quente baixo os nosos pés” e unha riqueza única nas marxes do río Miño “en forma de termas que deixan marabillados a todos os que nos visitan”.

Pero tamén defendeu que “experimentar #ourensanamente a maxia desta cidade é imbuírse na Cultura que rezuma a súa zona histórica”, así como a súa “intensa vida cultural, con certames punteiros en Teatro, Música e Danza que nos converten na Atenas de Galicia”, dixo o alcalde.

Ademais, Vázquez recordou que a cidade das Burgas “é unha parte fundamental da Vía da Prata, unha das rutas xacobeas máis fermosas e que percorren anualmente máis de 9.100 peregrinos”. Neste sentido recordou que Ourense vén de inaugurar o albergue máis moderno da Península “en pleno corazón da cidade, xusto ao lado da piscina termal de As Burgas”.

“Experimentar ourensanamente esta explosión de sensación que nos deXconectan para reconectarnos está cada vez máis cerca”, explicou o rexedor, grazas a que Ourense é a entrada do Alta Velocidade en Galicia e porque “en pouco tempo estaremos a menos de tres horas da capital de España.

Así, defendeu que a ubicación da nosa cidade como porta de entrada a Galicia “debe ser unha oportunidade”. e mostrou a súa confianza en que a Estación Intermodal de Norman Fosear sexa o símbolo da chegada a Ourense de inversións que redunden na creación de riqueza e emprego.

O concelleiro de Turismo e Termalismo, Jorge Pumar, destacou que a campaña “DeXconecta Ourense” xurde de escoitar as necesidades das persoas que visitan a nosa cidade, do que buscan e da experiencia que se levan aos seus fogares.

“Nos elixen como un lugar onde vir descansar, tomarse un momento para si mesmos, para desconectar e recargar enerxía” e que escollen Ourense porque “é un lugar onde se vive diferente e mellor, ourensanamente, o que quere dicir sen estréss nin presas”, explicou Jorge Pumar.

O concelleiro invitou as persoas que aínda non coñecen a cidade das Burgas a “que veñan e descubran unha cidade que representa o que o turismo debería ser sempre: tranquilidade, relax, benestar”.

Pola súa banda, a delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira, dixo que “Ourense reúne todo o que calquera viaxeiro busca, coma o termalismo, Camiño de Santiago e un Comercio de proximidade atractivo de de gran calidade”.

Na súa intervención, Díaz Mouteira reafirmou o compromiso do Executivo galego con Ourense durante 2019. Neste sentido, informou de que neste ano a Xunta destinará máis de 3 millóns de euros para o mantemento, conservación, sinalización e divulgación da Vía da Prata. Tamén confirmou “toda a colaboración do Executivo galego co Concello” para que o sector turístico siga a facerse forte na cidade.

Ademais da presentación da campaña turística do Concello, FITUR acollerá a presentación das principais citas do calendario feiral de Ourense: o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, que arrinca o próximo 6 de febreiro; e a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar Termatalia