Dúas mulleres encabezarán as listas socialistas por Ourense ó Congreso e ó Senado o que supón unha renovación das candidaturas.
A executiva provincial aprobou a designación da actual parlamentaria galega, Carmen Rodríguez Dacosta como cabeza de lista ó Congreso e á actual número dous socialista no Concello da capital, María Fernández Ojea, como cabeza de lista ó Senado, onde o único que repite é o actual Senador, Rafael Villarino.
A última palabra tena o comité federal que terá lugar este sábado en Fuenlabrada.

