Termallismo

O PP denuncia o mal estado dos espazos termais da cidade

Denuncian que soamente están operativos o 10% dos espazos termais

Paco Sarria

Ourense |

O PP denuncia o mal estado dos espazos termais da cidade
O PP denuncia o mal estado dos espazos termais da cidade | Ourense.Gal

O grupo municipal do PP denuncia o estado de abandono e descoido dos espazos públicos termais de Ourense.

A concelleira Ana Méndez denuncia que o céspede está sen cortar, as árbores sen podar, as sinalizacións cheas de pintadas, os accesos cheos de fochancas, os vestiarios pechados e os servicios nun estado de suciedade deplorable.

Engade que soamente está aberto ó público un 10% de todo o espazo termal e que o concello xa perdeu perto de 400 mil euros en subvencións para facer reparación e que a este paso perderá outros 300 mil que restan por solicitar antes de que remate o ano.