Comercio

O comercio galego celebra ata o 26 de Maio unha nova edición dos "Días Azuis"

As persoas que merquen no comercio de proximidade galego nestas datas poderán participar no sorteo de 80 tarxetas prepago de 300 e 150 euros para mercar novamente nestes establecementos

Óscar Gómez

Ourense | 14.05.2019 10:38

Días Azuis do comercio galego
Días Azuis do comercio galego | Xunta de Galicia

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, presentou esta mañá en Ourense unha nova edición da campaña Días azuis do comercio galego, organizada pola Federación Galega de Comercio, Abanca e a Xunta, e que se celebra desde hoxe ata o 26 de maio co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade.

Na súa intervención, a directora xeral destacou que durante estas dúas semanas o obxectivo da campaña é visibilizar os establecementos que están a pé de rúa e dinamizar o comercio de proximidade, “tan importante para a nosa economía”. Neste sentido, animou aos galegos e galegas a comprar, gozar e apoiar a actividade deste tipo de locais ao longo de todo o ano.

Os clientes dos comercios que realicen as súas compras entre estas dúas datas deberán rexistrar o seu tícket en www.diasazuis.com, ou ben solicitar que a rexistre o propio comerciante. Entre todos os participantes sortearanse un total de 16.200 euros en 80 tarxetas prepago: 28 de 300 euros e 52 de 150 euros, que deberán ser utilizadas polos gañadores nos establecementos tradicionais galegos. O sorteo, ante notario, realizarase o vindeiro 29 de maio.

Días Azuis
Días Azuis | Xunta de Galicia

Comercio 360

A iniciativa enmárcase no Plan estratéxico de impulso ao comercio de Galicia que a Xunta está a desenvolver para reforzar este sector e que contempla un total de 55 accións específicas ata 2020. Nesta aposta pola sector, o Goberno galego vén de presentar Comercio 360, unha iniciativa que pretende mellorar a competitividade do sector a través da dixitalización, a economía circular e o produto local e que contempla medidas como a implantación de laboratorios comerciais ou unha liña de axudas á ecoinnovación.

Esta nova iniciativa, dirixida a pemes de menos de 10 traballadores, ten como obxectivo ofrecer aos establecementos unha folla de ruta para conseguir un comercio