O Boletín Oficial do Estado publica hoxe a apertura dun periodo de información pública de 20 días para consultar o expedente de declaración do Campo de Aragón como lugar de memoria histórica, xa que alí foron fusilados moitos republicáns cando comezou a Guerra Civil.
O prazo rixe tamén para a presentación de alegacións, segundo acorda a Secretaría de Estado de Memoria Democrática do Ministerio de Política Territorial.

