O grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego reclama un novo prazo de exposición pública da planta de biogás de Xunqueira de Ambía ó considerar que foi vulnerado o prazo de exposición pública e o dereito fundamental de acceso á información.
A parlamentaria nacionalista Sonia Vidal explicou que o expedente non é accesible ó través do portal da Consellería de Medio Ambiente, o que impide presentar alegacións en prazo e vulnera dereitos fundamentais da cidadanía.

