A pobreza avanza na provincia de Ourense segundo a memoria anual de Cáritas que reflicte que atendeu o ano pasado a máis de 10 mil usuarios.
A entidade atendeu a 2 mil persoas máis que o ano anterior, sendo o senfogarismo o telón de fondo.
Os pisos de Cáritas tiveron unha ocupación total atendendo a 107 persoas, e tamén foron atendidos 21 menores.
Esta memoria recolle outros datos como a atención a máis de 300 víctimas de trata e explotación sexual e que 76 reclusos recibiron axuda para a súa reinserción social.