Dous veciños de Madrid de 38 e 35 anos respectivamente, foron detidos polo equipo Roca da Garda Civil, no marco da Operación Sigilum, como presuntos autores de roubos con forza e 4 delictos de furto cometidos entre abril e xuño deste ano.
Pernoctaban en Portugal en zonas próximas á fronteira con Verin e polo día asaltaban naves en polígonos industriais de diferentes provincias galegas.
Un agardaba no coche e o outro entraba nas oficiñas cando estaban baleiras para apoderarse de efectivo.

