Monforte na Onda 15/11/2018

Monforte na Onda 15/11/2018

No programa de hoxe entrevistamos ao ciclista Monfortino Pablo Rodríguez Vázquez que recibiu Distinción ao Mérito Deportivo da Xunta de Galicia. Antes conversamos co historiador Antonio Castro Voces, sobre o libro que hoxe presenta en Monforte. O presidente da Sociedade Filarmónica , Antonio Prado repasa concerto que organiza para hoxe a Sociedade Filarmónica e outras actividades que prepara para os próximos días. Falamos tamén co presidente da Asociación de veciños Benfeita, Roberto Muñoz, das iniciativas que poñen en marcha para evitar o peche da oficina de Abanca no barrio da Estación.

Monforte na Onda 14/11/2018

Monforte na Onda 14/11/2018

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" no que repasamos historia de Pastelería El Parque. Falamos do mercado de outono da Praza de Abastos coa técnica de desenvolvemento local Trini López. Repasamos actividades da Asociación de veciños da Florida conversando coa presidenta Mila Fernández. Entre outros asuntos preguntamos ao alcalde de Monforte sobre o Plan Especial e sobre as actuacións que poran en marcha en relación á casa que se derrubou na rúa Falagueira. Fala tamén do selado do vertedoiro de inertes.

Monforte na Onda 13/11/2018

Monforte na Onda 13/11/2018

En marcha a campaña de recollida de aceituna na comarca de Quiroga. Falamos dela co productor Manuel Mondelo e co alcalde Julio Álvarez. Conversamos coa deputada do BNG Olalla Rodil que leva ao Parlamento iniciativas relacionadas coa N 120. Co técnico de cultura de Pantón, Javier González falamos, entre outras cousas, da intervención lumínica que se vai levar a cabo na Igrexa de Eiré e conversamos tamén con Miguel Fanqueiro, director da Banda de Música de Sober que se debutará este venres como tuba solista da Orquestra Sinfónica de Barcelona.

Monforte na Onda 12/11/2018

Monforte na Onda 12/11/2018

A conselleira de Infraestructuras e Mobilidade visita hoxe Monforte para entre outras cousas asinar un convenio no Muferga do que falamos co presidente da Fundación do Museo, o delegado territorial José Manuel Balseiro. Con Roberto Muñóz, da Asociación de Veciños do barrio da Estación falamos dunha asamblea veciñal que preparan para este mércores. Entrevistamos ao secretario xeral da executiva provincial do PP, Juan Carlos Armesto. Entre outros asuntos falamos tamén da rúa Falagueira onde onte caiu unha casa moi próxima a Porta da Alcazaba. Veciños do entorno reclaman a posta en valor dese entorno. Conversamos con Jaime Vázquez, un deses veciños.

Monforte na Onda 09/11/2018

Monforte na Onda 09/11/2018

Abrimos programa conversando coa paleontóloga Aurora Grandal sobre "Elba, a pastora do Courel" e o acto de presentación dos resultados das investigacións científicas realizadas sobre os seus restos. O médico Rosendo Bugarín adiántanos datos que presentará este sábado no Círculo Saviñao sobre a gripe de 1918. Coa deputada Paula Vázquez falamos da Plataforma que van crear hoxe "por un sur de Lugo libre de eucaliptus". Entre outros asuntos falamos tamén do "Desafío Vía Romana" con Juan Luis Méndez.

Monforte na Onda 08/11/2018

Monforte na Onda 08/11/2018

Unha das distinción ao mérito deportivo que o martes entrega a Xunta será para o ciclista monfortino Pablo Rodríguez Vázquez. Hoxe abrimos programa conversando con él. Co arqueólogo Xurxo Ayán, falamos das Xornada que sobre "Memoria Histórica" celebran desde hoxe en A Pobra do Brollón. Coa voceira de Esperta Monforte, Maribel García, falamos do acto que sobre o recibo da luz teñen preparado para esta tarde en Monforte e entre outros asuntos conversamos tamén co alcalde de Sober.

Monforte na Onda 11/07/2018

Monforte na Onda 11/07/2018

No programa de hoxe repasamos pleno celebrado no concello de A Pobra de Brollón conversando co alcalde, Xosé Lois Maceda. Falamos tamén de teatro, da obra que representa este xoves en Monforte "Mofa e Befa", co actor Víctor Mosqueira. Entre outros asuntos de actualidade que repasamos neste día.

Monforte na Onda 06/11/2018

Monforte na Onda 06/11/2018

Abrimos programa conversando coa arquitecta Isabel Aguirre do premio "Vilas en Flor" que hoxe entregan a Chantada. Repasamos novas do sector hostaleiro coa delegada da Asociación de Hostalería Beatriz Vila. Conversamos coa restauradora Vania López Arias, que se encarga da limpeza do retablo da Igrexa dos Escolapios. Con Mario Docasar, secretario de acción sindical de CCOO repasamos datos do paro e consecuencias do mesmo na zona. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 05/11/2018

Monforte na Onda 05/11/2018

Abrimos programa conversando co tenente alcalde do concello de Ribas de Sil onde hoxe se pon en marcha obradoiro compartido co resto dos concellos da comarca de Quiroga. Tamén en Monforte se inaugura hoxe un novo obradoiro de emprego. Co representante de Podemos en O Saviñao repasamos propostas que presentan ao equipo de goberno. Conversamos co técnico especialista en Velutinas que hoxe imparte unha charla en Monforte e co presidente do Calasancio e o director do Colexio dos Escolapios, repasamos acto de homenaxe que celebraron onte en memoria de Álex Blanco Regalado.

Monforte na Onda 02/11/2018

Monforte na Onda 02/11/2018

A ocupación na Ribeira Sacra nesta ponte supera o 92% segundo datos do Consorcio Turístico que repasamos coa xerente, Alexandra Seara. Con Iván Gómez, falamos do Festival de Música "Castañazo Rock". Con Felipe Castro da Ruta que vai guiar por A Pobra do Brollón este domingo. Falamos tamén do Festival Solidario que se vai celebrar esta noite en Monforte e do que supón para as entidades beneficiadas como a Cruz Vermella. Entre outros asuntos, repasamos obras que presentou hoxe o alcalde nas rúas do entorno do Hospital Comarcal, incluida a ampliación da superficie comercial que hai ubicada nesa zona.