Monforte na Onda 31/10/2018

Monforte na Onda 31/10/2018

Hoxe en "Facendo Empresa" conversamos con Eva Abal que emprende en Sober no ámbito do interiorismo. Vicente Vázquez de CIG Saúde repasa reclamacións que plantexan ao Sergas para ampliar servizos de fisioterapia nos Centros de Saúde. Entrevistamos a Laureano Bermejo, secretario de organización de Ciudadanos en Galicia de visita hoxe por Monforte. Entre outros asuntos, co presidente do CRDORS, José Manuel Rodríguez, repasamos cambios na normativa do propio Consello.

Monforte na Onda 30/10/2018

Monforte na Onda 30/10/2018

Abrimos programa conversando coa restauradora que se encargará da limpeza do Retablo da Igrexa dos Escolapios. Falamos co presidente da Plataforma en Defensa do Ferrocarril na zona sur da moción que onte presentou no pleno de Monforte. Cun representante da CGT repasamos os motivos polos que teñen folga convocada para mañá en Renfe e Adif. Repasamos asuntos do pleno co rexedor monfortino e co alcalde de Pantón falamos, entre outros asuntos, do obradoiro de emprego que hoxe se pon en marcha para os concellos de Pantón, Sober e o Saviñao.

Monforte na Onda 29/10/2018

Monforte na Onda 29/10/2018

Abrimos programa repasando actividades do CCU Monforte conversando co xerente, Ángel Folgueira. Entrevistamos á voceira de Esperta Monforte, Maribel García e, entre outros asuntos, coñecemos propostas lúdico culturais programadas no concello de A Pobra do Brollón conversando co concelleiro Ricardo Rodicio.

Monforte na Onda 26/10/2018

Monforte na Onda 26/10/2018

Abrimos programa conversando co voceiro do BNG en Monforte, Emilio Sánchez que repasa iniciativas que leva ao pleno do luns. Entrevistamos ao delegado Territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, que hoxe presenta en Monforte iniciativas para fomentar o emprego entre emprendedores. Repasa tamén presupostos da Xunta. Entre outros asuntos, conversamos coa xefa do parque comarcal de bombeiros, Mar Domínguez, que ahora que chega o frío, recomenda a limpeza de chimeneas, cociñas e estufas para evitar sustos.

Monforte na Onda 25/10/2018

Monforte na Onda 25/10/2018

Da situación na que están os talleres de Renfe en Monforte falamos hoxe con Ana Sanmiguel, traballadora dos mesmos e integrante da Plataforma en Defensa do Ferrocarril nesta zona sur. Coa escritora Olga Novo repasamos actividades nas que participará esta fin de semana en A Pobra do Brollón. Entrevistamos a presidenta da Coral Renfe, e entre outros asuntos, repasamos propostas que promoven no Colexio dos Escolapios.

Monforte na Onda 24/10/2018

Monforte na Onda 24/10/2018

Abrimos co espazo "Facendo Empresa" falando do Centro de Fisioterapia Daniel Rodriguez. Co director e actor de Talía Teatro, Artur Trillo, falamos da representación que farán este xoves en Monforte. Entrevistamos á oncóloga Begoña Campos e, entre outros asuntos, repasamos iniciativas que leva ao pleno do luns en Monforte o BNG.

Monforte na Onda 23/10/2018

Monforte na Onda 23/10/2018

Entrevistamos ao presidente do CRDORS, José Manuel Rodríguez, que fai balance da vendima. Valoran os presupostos da Xunta a deputada do PP Julia Rodríguez e a deputada de En Marea Paula V. Verao. Entre outros asuntos con Mari Lud Cid de Cior Galicia repasamos actividades que preparan para este sábado en Monforte.

Monforte na Onda 22/10/2018

Monforte na Onda 22/10/2018

Abrimos programa falando con Míriam Palmón do Día das Bibliotecas que onte celebrou o Colectivo Lemos Le. Co profesor e xeólogo Augusto Pérez repasamos Xornadas de Glaciarismo que organizou o GDR no Courel. Ángeles Dono, coordinadora da campaña na provincia cóntanos novidades da campaña da gripe que hoxe empeza. Entrevistamos á directora da Uned Ana Traseira que presenta novidades para a Aula monfortina e entre outros asuntos repasamos modificacións nas taxas municipais do concello de Monforte para o próximo ano.

Monforte na Onda 19/10/2018

Monforte na Onda 19/10/2018

Abrimos programa entrevistando a Andrés Montes que actúa esta noite en Monforte. Con Andrés Pavón falamos da revista Alicerces que presentan este sábado no Centro do Viño. Santi Díaz, secretario de Quixós, fálanos da proposta presentada na CHMS para habilitar na presa da Pinguela unha canle de piragüismo. Juan Carlos Díaz, presidente do Calasancio da conta da homenaxe que preparan en memoria de Álex Blanco Regalado. Entre outros asuntos falamos coa directora e actores da obra que "Teatreiros" representa maña.

Monforte na Onda 18/10/018

Monforte na Onda 18/10/018

Hoxe preséntase en Monforte a Aula Senior da Uned, falamos desta oferta educativa na recta final do programa. Antes entrevistamos á quiroguesa Mónica Fernández que segue acumulando premios no mundo da restauración. Falamos coa avoa do director Monfortino Dani De La Torre que nos recomenda a todos "La Sombra de la Ley". Coa bibliotecaria de O Saviñao, Mónica Carballo, repasamos actos que teñen preparados para este venres. Entre outros asuntos, atendemos a iniciativas que se poñen en marcha para recadar cartos cos que financiar a viaxe a China dos Taekwondistas monfortinos que competirán no Mundial e co director deportivo do club de Volei Ribeira Sacra, repasamos obxetivos para a nova temporada.