Monforte na Onda 17/10/2018

Monforte na Onda 17/10/2018

Abrimos co espazo "Facendo Empresa" que hoxe adicamos ao novo Centro de Día que se ven de abrir en Monforte. Repasamos actividades que para este outono organiza o concello de A Pobra do Brollón co xestor tuístico do citado concello. Repasamos novas de última hora do concello de Monforte conversando co alcalde. Buscamos a última hora sobre o roubo cometido nun restaurante de Escairón conversando co seu propietario e entre outros asuntos, facemos resumo da III Andaina Escolar polo Camiño de Inverno.

Monforte na Onda 16/10/2018

Monforte na Onda 16/10/2018

Programa especial sobre a III Andaina Escolar polo Camiño de Inverno. Falamos cos promotores da iniciativa, a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra, con alumnos e profesores participantes da andaina, co Xerente do Xacobeo que coa súa presenza apoiaba esta iniciativa e tamén conversamos cos representantes da Adega Vía Romana onde hoxe instalamos os micrófonos de Onda Cero Monforte para poder realizar este programa especial.

Monforte na Onda 15/10/2018

Monforte na Onda 15/10/2018

Hoxe pase especial de "La Sombra de la Ley" en Monforte. Conversamos co director monfortino Dani de La Torre. Será tras repasar nova temporada do Korbis con Jaime Vázquez. Entre outros asuntos, falamos con Aida Menéndez da Andaina Escolar que se prepara para este martes polo Camiño de Inverno con máis dun millar de escolares.

Monforte na Onda 11/10/2018

Monforte na Onda 11/10/2018

Abrimos programa buscando a última hora sobre o Desfile de Moda que prepara o CCU para a fin de semana. Co alcalde de Monforte repasamos o resultado das reunións que mantivo coa presidenta do Adif e con técnicos do Ministerio de Fomento para abordar a situación na que están proxectos pendentes de executar neste concello. Falamos da Feira de Modelismo Ferroviario que se vai celebrar no Muferga esta fin de semana e tamén de actividades que prepara o colectivo Segredos de Pantón.

Monforte na Onda 10/10/2018

Monforte na Onda 10/10/2018

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" no que descubrimos o primeiro Centro de Coaching que se pon en marcha na Ribeira Sacra. Falamos da visita que arqueólogos chilenos fixeron o Castro de San Lourenzo. Da primeira Casa Niño que se habilita na Comarca de Lemos e, entre outros asuntos, de iniciativas de Albores para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental.

Monforte na Onda 09/10/2018

Monforte na Onda 09/10/2018

Falamos no programa de hoxe con Aida Menéndez da viaxe que prepara a Asociación que preside a Madrid e Ávila. Con Sara Fernández, presidenta da asociación Semente de Monforte falamos da 5ª edición do concurso de proxectos empresariais que veñen de convocar. Atendemos á exposición de vehículos antigos que poderemos ver esta fin de semana no Muferga, conversando co presidente da asociación organizadora e xa se normalizou o servizo de comedor no Ies Daviña Rey, desteo falamos co director do citado centro, Isaac González.

Monforte na Onda 08/10/2018

Monforte na Onda 08/10/2018

Falamos no programa de hoxe do Viñobus vendima que pecha campaña o próximo sábado. Da primeira vendima nocturna que se fixo na D.O Ribeira Sacra. Do accidente de caza rexistrado onte en Bóveda. Facemos balance da viaxe de traballo realizada pola directiva do GDR Ribeira Sacra Caurel a Huesca. Entre outros asuntos, entrevistamos a Pepe Losada.

Monforte na Onda 05/10/2018

Monforte na Onda 05/10/2018

Remata con éxito á III edición do Espazo Coworking EOI-Ribeira Sacra. Abrimos programa cunha reportaxe sobre como foi esta experiencia escoitando aos implicados na iniciativa: emprendedores, promotores e políticos. Alumn@s de Pontevedra converteron esta semana en aula a Ribeira Sacra cunha visita da que nos falan algúns dos participantes e as profesoras acompañantes. Entre otros asuntos, conversamos con concelleiro de servizos do Concello de Monforte sobre un premio que Ecoembes entrega aos monfortinos por reciclar e repasamos con él a última hora dos incendios de onte en varias parroquias monfortinas.

Monforte na Onda 04/10/2018

Monforte na Onda 04/10/2018

Falamos de ocupación na Ribeira Sacra este verán coa xerente do Consorcio e cunha empresaria do sector. A portavoz do PP de Monforte repasa iniciativas que presentan no concello. Entrevistamos a un granxeiro de O Saviñao que pon en marcha unha granxa de pavos e entre outros asuntos falamos de oposicións e opositores.

Monforte na Onda 03/10/2018

Monforte na Onda 03/10/2018

Abrimos programa repasando actualidade do Concello de Sober onde hoxe se inaugura unha exposición que achega o Douro á Ribeira Sacra. Falamos da terceira edición do Coworking que se estivo desenvolvendo en Expo Lemos nos últimos meses e que remata mañá. Entre outros asuntos atendemos a novas do GDR Ribeira Sacra Courel conversando co xerente deste grupo.