Monforte na Onda 02/10/2018

Monforte na Onda 02/10/2018

Abrimos programa conversando co escolapio Javier Agudo, repasando novidades importantes para o Colexio da Nosa Señora da Antiga. Falamos das vendimas na Ribeira Sacra e da "atracción mediática" que traen consigo conversando con Brais Verao e Luís Paadín. Entre outros asuntos, co técnico de cultura do concello de Pantón, Javier González, repasamos programación cultura que preparan para este outono.

Monforte na Onda 01/10/2018

Monforte na Onda 01/10/2018

Abrimos programa conversando co inspector xefe da Comisaria de Policía de Monforte. Do servizo nos comedores dos IES monfortinos falamos co secretario de acción sindical de CCOO. Repasamos reclamacións da Plataforma que en Defensa do Ferrocarril se puxo en marcha nesta zona sur de Lugo. Entre outros asuntos falamos tamén da situación da igrexa de Santo Estevo de Ribas co voceiro da Asociación de Veciños de O Saviñao e co responsable de Patrimonio da diocese de Lugo..

Monforte na Onda 28/09/2018

Monforte na Onda 28/09/2018

Falamos da homenaxe que Amafer prepara esta tarde a ex ferroviarios co presidente de Amafer e tamén cun dos homenaxeados. Co xerente do CCU buscamos a última hora sobre a Pasarela Monforte Monumental que ten xa nova data de celebración. Viven con entusiasmo no Colexio dos Escolapios as horas previas á proxeción da curta que fixeron para o Fancine. Cóntanolo o director deste centro educativo e entre outras cousas atendemos tamén ao Folión de Fachas que se celebra esta noite en Vilelos, abrimos programa conversando cunha representante da Asociación Organizadora.

Monforte na Onda 27/09/2018

Monforte na Onda 27/09/2018

Abrimos programa falando das Xornadas Audiovisuais que promove o GDR Ribeira Sacra Courel para os escolares da zona. Conversamos co responsable da adega Via Romana, entre outras cousas, sobre a vendima que teñen en marcha. Co secretario local da CIG falamos da concentración que teñen convocada para esta tarde en defensa das pensións e entrevistamos a un vendedor de uva foránea que seguen mercando moitas familias para facer viño para autoconsumo.

Monforte na Onda 26/09/2018

Monforte na Onda 26/09/2018

Novas do ámbito sanitario e do ferroviario as que nos ocupan hoxe. Abrimos programa conversando coa doutora Alicia Cardarso, preguntámoslle por qué se debe crear no Centro de Saúde de Monforte un servizo de fisioterapia. Da situación do sector ferroviario e de iniciativas para que Monforte siga sendo a entrada das mercadorías en Galicia, falamos co coordinador da Plataforma "Lugo no perdas o tren", José Manuel Carballo e co deputado de En Marea Miguel Anxo Fernán Bello. Tamén conversamos este mércores co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, que prepara un proxecto para aforrar o 73% do consumo eléctrico coa renovación da rede en boa parte das parroquias do concello. Conversamos tamén co escritor monfortino Antón Lopo "Premio Repsol de novela" coa obra "Extraordinario".

Monforte na Onda 25/09/2018

Monforte na Onda 25/09/2018

Abrimos programa conversando con Mari Luz Cid, presidenta da Asociación CIOR. Entrevistamos a Pilar López, voceira dos ediles monfortinos non adscritos. Entre outros asuntos, coa concelleira de cultura de O Saviñao repasamos programación cultural e deportiva que preparan para a próxima temporada.

Monforte na Onda 24/09/2018

Monforte na Onda 24/09/2018

Abrimos programa falando das vendimas co presidente da Asociación Galega de Enólogos, Luis Buitrón. Coa chegada das vendimas o Consorcio Turístico pon en marcha o ViñoBus e desta iniciativa falamos coa xerente do Consorcio Alexandra Seara. Con Aida Menéndez, presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Inverno coñecemos previsións da III Andaina Escolar que preparan por esta ruta. E entre outros asuntos, do ámbito deportivo falamos do éxito do Clube Quixós e da temporada que prepara tamén o Clube Neka.

Monforte na Onda 21/09/2018

Monforte na Onda 21/09/2018

Romaría de San Mateo hoxe en Monforte. Repasamos co investigador Felipe Aira a orixe desta festa e buscamos datos do ambiente que se respira nos campos de A Parte conversando con xente que participa da festa todos os anos e coa pedánea da parroquia Yolanda Arango. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, conversamos co voceiro do BNG en Monforte Emilio Sánchez sobre iniciativas que leva ao pleno do luns e coa deputada do PP Julia Rodríguez falamos da proposta que aprobou o Parlamento Galego sobre a muralla de San Vicente.

Monforte na Onda 20/09/2018

Monforte na Onda 20/09/2018

Abrimos programa falando coa deputada de En Marea Paula Vázquez Verao dun acto informativo que teñen organizado para esta tarde sobre o recibo da luz. E hoxe visita centros educativos da zona o responsable de ensino de CCOO , José Fuentes. Falamos con él para repasar os asuntos analizados cos mestres. Repasamos novas do concello de Monforte, entrevistando ao alcalde, José Tomé Roca e coa concelleira de eventos de A Pobra do Brollón repasamos programa do Festival As Cores do Outono que celebran este sábado.

Monforte na Onda 19/09/2018

Monforte na Onda 19/09/2018

Fixada para o martes día 25 a data oficial de comezo da vendima na Ribeira Sacra. Entrevistamos ao presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez. Antes repasamos novas do ámbito laboral co secretario de acción sindical de CCOO Mario Docasar. Falamos con Fernando Cortizo da película de animación que él dirixiu no 2012, O Apóstolo, e que hoxe se proxecta en Monforte en sesión especial o aire libre. Entre outros asuntos, repasamos novas do concello de Sober, conversando co alcalde Luis Fernández Guitián.