Monforte na Onda 18/09/2018

Monforte na Onda 18/09/2018

Abrimos programa repasando historia da Sociedade Filarmónica de Monforte. Falamos da Romería do San Mateo e de iniciativas que promover ir a pé a participar da Festa. Entre outros asuntos, conversamos coa voceira do PP de Monforte que presenta iniciativas para o próximo pleno e repasa outros asuntos da actualidade local.

Monforte na Onda 17/09/2018

Monforte na Onda 17/09/2018

Normalidade no inicio do curso escolar para alumn@s de ESO, BAC e Ciclos. Abrimos programa falando cos directores dos tres Institutos Monfortinos, IES Daviña Rei, Ies A Pinguela e IES Río Cabe que estrea novo equipo directivo. Entrevistamos ao alcalde do Concello de A Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda. A Marina López, presidenta da Asociación de Veciños que se puxo en marcha no barrio de Cobas no Concello de Monforte de Lemos e tamén conversamos con Antía R.Nieves, voceira do BNG en O Saviñao.

Monforte na Onda 14/09/2018

Monforte na Onda 14/09/2018

Créase en Monforte unha Plataforma en Defensa do Ferrocarril. Falamos da iniciativa con dous dos promotores. Antes repasamos festas como as que podemos disfrutar desde este mesmo venres en Sober e entre otros asuntos, falamos tamén do Ecomuseo de Arxeriz e do arquivo sonoro que están facendo.

Monforte na Onda 13/09/2018

Monforte na Onda 13/09/2018

Abrimos programa falando do outono gastronómico co presidente da Asociación Ribeira Sacra Rural, Francisco Almuiña. Co músico Gonzalo Herrero repasamos concerto que prepara con Lorena do Val para abrir as Festas de Sober. Entrevistamos ao Campión de España de Piragüismo en Descenso de Augas Bravas, o monfortino Manuel Freire. Entre outros asuntos coa concelleira de Servizos Socais do Concello de Monforte, Gloria Prada, repasamos actividades que preparan para os maiores.

Monforte na Onda 12/09/2018

Monforte na Onda 12/09/2018

Repasamos inicio do curso escolar. Entrevistamos ao fotógrafo monfortino Manuel Valcárcel, autor das fotos coas que o Xacobeo promocionará o Camiño de Santiago en EEUU. Josela Fernández fai balance do verán no Museo de Casas de Muñecas. E co astrónomo José Ángel Docobo, falamos da observación astronómica nocturna que prepara para este xoves en Monforte.

Monforte na Onda 11/09/2018

Monforte na Onda 11/09/2018

A Adega Algueira empezou hoxe a vendima na D.O. Ribeira Sacra. Falamos co adegueiro, Fernando González. Coa alcaldesa do Courel, Dolores Castro, repasamos o proxecto de aproveitamento de soutos que teñen en marcha. O Museo Pazo de Tor está entre os mellor valorados de Galicia e desto falamos coa coordinadora do mesmo, con Encarna Lago. O traballador social de Afamon Monforte, Manuel Carballedo, repasa actividades que preparan para conmemorar o Día do Alzheimer e entrevistamos a "Peruchela" responsable dunha interesante exposición de gran valor etnográfico que se pode ver na Casa da Cultura "Poeta Lois Pereiro" do Concello de Monforte de Lemos.

Monforte na Onda 10/09/2018

Monforte na Onda 10/09/2018

Suspendido o desfile que o sábado tiña previsto o CCU falamos co xerente Ángel Folgueira para que nos conte si teñen previsto poñer nova data para realizar o mesmo. Co responsable de Patrimonio da Diócese de Lugo, César Carnero, falamos das obras que se van a realizar na Igrexa de San Vicente do Pino. Das vendimas na Ribeira Sacra falamos co presidente do Consello Regulador da D.O Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez. Co xerente do GDR Ribeira Sacra - Courel, Martin Alemparte repasamos proxectos que financiarán cos fondos do Plan Leader que están xestionando. Conversamos coa deputada de En Marea Paula Vázquez Verao, que segue presentando iniciativas no Parlamento Galego relacionadas co Hotel Palacio de Sober e escoitamos ao alcalde de Monforte que hoxe presentou novas obras en varias rúas da cidade.

Monforte na Onda 07/09/2018

Monforte na Onda 07/09/2018

Abrimos o programa de hoxe falando da Queima das Fachas en Castelo. Repasamos outras romerías da fin de semana como a de Augas Santas en Pantón. Falamos de como se preparan para a vendima na adega máis grande da D.O Ribeira Sacra. Do desfile de moda que o CCU organiza este sábado en Monforte coñecemos máis detalles conversando co xerente e coa Miss Lugo, que desfilará nesta pasarela. Entre outros asuntos presentámoslle un novo Centro de estudos que hoxe se inaugura.

Monforte na Onda 06/09/2018

Monforte na Onda 06/09/2018

Abrimos programa conversando co xerente de Prodeme. Buscamos a última hora sobre o cadáver atopado onte na zona de As Lamas. A historiadora Manuela Sáez fálanos da conferencia que prepara para este venres sobre o VII Conde de Lemos. Repasamos actualidade municipal de Monforte conversando co alcalde, José Tomé Roca. Con Alejandro Paadín da Asociación Gallaecia falamos dos viños "Distinguidos" da D.O Ribeira Sacra e entre outros asuntos falamos coa pintora Checha Montenegro que hoxe inaugura exposición en Monforte.

Monforte na Onda 05/09/2018

Monforte na Onda 05/09/2018

A volta ciclista a España chega á Ribeira Sacra. Falamos da actividade promocional que acompaña esta proba deportiva coa delegada da Asociación de Hostalería, Beatriz Vila, que atende a Caseta de "Para Comer Lugo". Repasamos novas do concello de Sober conversando co alcalde, Luis Fernández Guitián. Entre outros asuntos, entrevistamos ao presidente da Sociedade Española da Historia da Educación, o profesor Eugenio Otero, que preparan Congreso en Monforte.