Monforte na Onda 04/09/2018

Monforte na Onda 04/09/2018

Abrimos programa conversando con Antón Rodicio sobre os dous volumes editados sobre a Ribeira Sacra que él coordinou e que editou Hércules E. Con Xosé Gago facemos balance das rutas guiadas que este verán organizaron en A Pobra do Brollón e entre outros asuntos repasamos novas do concello de Pantón conversando co alcalde José Luis Álvarez.

Monforte na Onda 03/09/2018

Monforte na Onda 03/09/2018

Abrimos programa repasando datos de ocupación na Ribeira Sacra no mes de agosto conversando coa xerente do Consorcio Alexandra Seara. Con Aida Menéndez, presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Inverno falamos das Xornadas de promoción desta Ruta que preparan para os días 15 e 16. CCOO denuncia a tardanza coa que se organizou o dispositivo de búsqueda de Carlos Yáñez. Entre outros asuntos falamos da nova guía que hoxe se presenta adicada á Ribeira Sacra.

Monforte na Onda 10/08/2018

Monforte na Onda 10/08/2018

Este sábado empezan as Festas Patronais de Monforte co pregón de Julia Otero. Conversamos con ela no programa de hoxe. A deputada de En Marea Paula Vázquez, explícanos iniciativas que levan ao Parlamento Galego e Europeo en relación aos montes de Chavaga. Falamos dunha obra de teatro que preparan os veciños de Guntín, unha boa parte da parroquia involucrada na iniciativa. Entre outros asuntos, falamos tamén dunha nova procesión que se prepara para esta noite en Monforte en honra á Patrona da cidade.

Monforte na Onda 09/08/2018

Monforte na Onda 09/08/2018

Abrimos programa conversando coa xogadora de voleibol Noelia Sánchez Iglesias. Co sumiller Bruno Lobelle falamos do "Túnel do Viño de Amandi". Con Bea Verao dos Xoglares de Lemos falamos do disco que veñen de gravar e presentan en Monforte o día 19. Con Xosé Gago repasamos a Xornada de romaría e confraternidade que preparan este venres para celebrar o San Lourenzo no castro. E entre outros asuntos, a presidenta da Comunidade de Montes de Tuiriz fálanos da recreación da malla que preparan para a fin de semana.,

Monforte na Onda 08/08/2018

Monforte na Onda 08/08/2018

Facemos balance da carreira de burros de Escairón. Falamos das Festas de Quiroga entre outras que se celebran na zona e de actividades que preparan en Pantón para esta mesma noite e cara os próximos días. Conversamos co presidente da Asociación de Avicultores Artesanais da Ribeira Sacra e falamos tamén dos problemas que xenera nesta área sanitaria quedar sen concerto para servizo de logopeda.

Monforte na Onda 07/08/2018

Monforte na Onda 07/08/2018

Abrimos programa coa homenaxe á atleta Saleta Fernández López. Entrevistamos á historiadora Manuela Sáez que publica novo traballo sobre o VII Conde de Lemos. Entre outros asuntos falamos tamén cunha catadora rusa, integrante do equipo de importadores que visitaron adegas da Ribeira Sacra.

Onda Cero Monforte de Lemos 06/08/2018

Onda Cero Monforte de Lemos 06/08/2018

Prodeme busca a un dos seus usuarios que falta desde o venres. Pide o xerente da Asociación colaboración para dar co seu paradoiro. Escoitamos a Julio Cortiñas. Coa técnica de turismo do Consorcio, Cristina Rico, repasamos ocupación de xullo e previsión para este mes de agosto. Entrevistamos a Arturo Ceide e Beatriz Pérez que teñen colgada unha exposición na Galería Sargadelos. Preguntamos á atleta Saleta Fernández como vive as horas previas a homenaxe que recibirá esta tarde en Monforte. Falamos de Arte Lemos e tamén do mercadillo solidario da Asociación Auxilia.

Monforte na Onda 03/08/2018

Monforte na Onda 03/08/2018

Abrimos programa entrevistando ao deputado José Antonio Quiroga, novo presidente da CHMS. Repasamos novas do concello de Monforte co alcalde, José Tomé e entre outros asuntos conversamos co escritor Carlos Villarrubia que hoxe presenta en Monforte "Conexiones Naturales".

Monforte na Onda 02/08/2018

Monforte na Onda 02/08/2018

Hoxe conversamos cos novos ediles do PSOE no concello de Sober. Co director do IES Daviña Rey falamos do novo bacharelato que impartirán no próximo curso. O director do Festival 17º Ribeira Sacra fai balance da primeira fin de semana deste evento e repasa propostas para os próximos días. Entre outros asuntos falamos do paro na zona.

Monforte na Onda 01/08/2018

Monforte na Onda 01/08/2018

Abrimos programa conversando co conselleiro de Economía, Emprego e Industria que hoxe clausura en Monforte un curso para emprendedores. Falamos do ben posicionada que está a D.O Ribeira Sacra na nova edición da Guía Peñín co enólogo Javier Luengo. De vendas de viño da Ribeira Sacra falamos co xerente do Centro do Viño, José Ramón Martínez Mareque. Isabel Montenegro de Enoturismo Galicia pon en marcha nesta zona rutas en segways. Entrevistamos tamén ao alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián que hoxe presentou a XXIII a Feira da Rosca.