Monforte na Onda 31/07/2018

Monforte na Onda 31/07/2018

Abrimos falando co arqueólogo Xurxo Ayán da nova campaña de escavacións que teñen en marcha no Castro de San Lourenzo en A Pobra do Brollón. Pola incidencia da folga no sector do taxis preguntamos a Modesto Trigo, presidente da Asociación de Taxistas de Monforte. Entrevistamos á escritora monfortina Margarita Rodríguez Otero que nos presenta o seu último libro. Con Xosé Lois Foxo falamos do XXI Filandón de Músicas do Courel que se vai celebrar este próximo domingo. Entre outros asuntos, conversamos tamén co director deportivo do Club Lemos, Edu Rodriguez.

Monforte na Onda 30/07/2018

Monforte na Onda 30/07/2018

Repasamos premios e facemos balance do Festival de cine de Monforte con Carlos Álvarez, Iván Patiño e Javier Saco. Das Festas de Escairón falamos co alcalde do concello de O Saviñao, Joaquín González. Repasamos iniciativas de Agroma Sober con Paula Vázquez Verao e falamos tamén de iniciativas que serán debatidas no pleno que hoxe celebra a corporación monfortina. Escoitamos ás voceiras e o voceiro dos grupos da oposición.

Monforte na Onda 27/07/2018

Monforte na Onda 27/07/2018

Abrimos programa conversando con Olga Osorio, membro do xurado do Festival de Cine de Monforte. Repasamos actividades do CCU co xerente da Asociación de Comerciantes, Ángel Folgueira. Entre outros asuntos entrevistamos tamén neste día a Carlos Montilla director do Festival 17º Ribeira Sacra.

Monforte na Onda 26/07/2018

Monforte na Onda 26/07/2018

Rematamos programa preguntándolle ao alcalde de Monforte sobre a reunión da Comisión de seguimento da A 76 na que hoxe participou en O Barco. Antes conversamos con Reinaldo Pereira, subdirector de Fancine de Lemos que se inaugura esta tarde. Falamos co director da Escola de Música Moderna, Gonzalo Herrero. E pasa tamén polos nosos micrófonos o empresario Óscar Rodríguez que hoxe inaugura un novo establecemento de ocio en Monforte.

Monforte na Onda 09/07/2018

Monforte na Onda 09/07/2018

No programa de hoxe facemos balance do Festival do Viño da Ribeira Sacra. Escoitamos aos organizadores, aos adegueiros, ao público e a outros protagonistas deste evento. Abrimos conversando co gaiteiro Carlos Núñez que este domingo abriu xira na Rectoral de Amandi e na recta final escoitamos tamén balance da Feira Medieval Guímara de A Pobra do Brollón.

Monforte na Onda 06/07/2018

Monforte na Onda 06/07/2018

Abrimos programa entrevistando a Davide Salvado que actuará este sábado no Festival do Viño da Ribeira Sacra. Falamos de obradoiros que se ofertarán no Festival, con Rut Fernández e das visitar guiadas programadas neste evento con Antonio Rodríguez. Entrevistamos a Lois Diéguez, que pregoa este sábado a Festa Guímara de A Pobra do Brollón e con Cristina Rico do Consorcio Turístico repasamos ocupación de xuño e previsións para o resto do verán.

Monforte na Onda 05/07/2018

Monforte na Onda 05/07/2018

Abrimos programa conversando con Julia Otero preparada para facer hoxe desde Monforte "Julia en la Onda". Da Cata Concurso de viños da D.O Ribeira Sacra que celebra hoxe e maña falamos con Beatriz Soto, directora técnica do CRDORS e con Ignacio Orriols, membro do panel de Cata. E neste día importante para os populares conversamos coa responsable do PP de Monforte, Julia Rodríguez, para ver como se vive a xornada electoral que teñen hoxe en marcha nesta zona sur de Lugo.

Monforte na Onda 04/07/2018

Monforte na Onda 04/07/2018

Hoxe coñecemos novas propostas para este verán de Mais que Románico que empeza este mércores con visitas guiadas. Conversamos con María Abuín. Vicente Vázquez de CIG Saúde, denuncia servizos sanitarios que están concertados nesta zona sur de Lugo e non se cumplen. 22 nenos con necesidades especiais poderán participar dun campamento que lles organiza o Centro Sicopedagóxico Aula 10. Conversamos con Adrián Vázquez, responsable deste centro. Repasamos novas do concello de A Pobra do Brollón co alcalde Xosé Lois Maceda e co rexedor monfortino José Tomé Roca, buscamos a última hora do Festival do Viño da Ribeira Sacra para o que xa se cortou ao tráfico o Paseo do Malecón.

Monforte na Onda 03/07/2018

Monforte na Onda 03/07/2018

Paisaxes é o título da nova exposición de fotografía que hoxe inaugura Jesús R. Montero. Falamos con él. Tamén co concelleiro de deportes do concello de O Saviñao, Jorge Rodríguez co que repasamos actividades que teñen en marcha para todo este verán. Actividades varias hai tamén programadas no concello de Sober. Repasámolas co alcalde Luis Fernández Guitián. Entre outros asuntos, Elías González e Manolo Verao preséntannos o proxecto vitícola que poñen en marcha coa adega Rectoral de Gundivós.

Monforte na Onda 02/07/2018

Monforte na Onda 02/07/2018

As mellores golfistas do mundo danse cita esta semana no Campo de Golf de Augas Santas no concello de Pantón nun torneo do que falamos con Manuel López. Coa presidenta da Asociación do Camiño de Inverno falamos da viaxe cultural que preparan por Italia a partir deste martes. Repasamos acto que sobre a Comisión Europea vai ter lugar esta tarde no Centro do Viño. Entre outros asuntos falamos de transtornos da conducta alimentaria coa presidenta de Cior Monforte e cunha moza que sofre en primeira persoa unha destas situacións.