Monforte na Onda 29/06/2018

Monforte na Onda 29/06/2018

Aberta a tempada de piscinas na Comarca de Lemos. Hoxe xornada de portas abertas nas do concello de Sober e falamos delas co alcalde soberino. Repasamos a primeira noite temática que para este sábado organiza o CCU de Monforte. Entre outros asuntos entrevistamos a Gonzalo Herrero director da Escola de Música Moderna que ten para hoxe preparado festival de fin de curso e un verán cheo de actividades que con él repasamos.

Monforte na Onda 28/06/2018

Monforte na Onda 28/06/2018

Co presidente do CRDORS, José Manuel Rodríguez, falamos do Festival do Viño da Ribeira Sacra. Con Xosé Gago repasamos novas propostas turísticas do concello de A Pobra do Brollón. E repasamos outros asuntos da actualidade máis próxima nesta zona sur de Lugo.

Monforte na Onda 27/06/2018

Monforte na Onda 27/06/2018

Hoxe en "Facendo Empresa" Diego Rodríguez repasa propostas do establecemento de hostalería que rexenta na Praia de A Cova. Facemos balance do Concurso de Tapas con Beatriz Vila, da asociación organizadora, e co director técnico, Quique Rodríguez cos que repasamos tamén premios. E atendemos ao repaso de outros asuntos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 26/06/2018

Monforte na Onda 26/06/2018

Queres gañar unha viaxe para dúas persoas a Bruselas? Contámosche como no programa de hoxe conversando con Teresa Frontán, xefa de comunicación da Comisión Europea. Falamos da Feira Guímara que terá lugar en A Pobra do Brollón o 7 de xullo. Entrevistamos ao alcalde do Concello de Monforte de Lemos. E unha das profesoras do ciclo de peluquería e imaxe persoal do IES A Pinguela fai balance da actividade realizada para axudar a visibilizar a Asociación de Loita Contra o Cancro.

Monforte na Onda 25/06/2018

Monforte na Onda 25/06/2018

Abrimos programa falando do Festival de Cine Fantástico e de Terror que se vai celebrar en Monforte do 26 ó 29 de xullo. Entrevistamos ao voceiro do BNG no concello de Monforte. Entre outros asuntos, conversamos tamén cun dos membros do Club Quixós que xestionan unha vez máis os paseos en barca polo Cabe e promoven actividades para fomentar o piragüismo.

Monforte na Onda 22/06/2018

Monforte na Onda 22/06/2018

A indignación e decepción pola liberdade provisional decretada pola Audiencia de Navarra para os membros de La Manada deixarase sentir tamén este venres en Monforte. Hai convocada concentración na Praza de España. Conversamos con Tami López Rodríguez que forma parte do colectivo convocante. Entrevistamos a José Salgado, autor da nova guía do Concello de Pantón que será presentada o domingo en Ferreira. Falamos das Festas do San Xoán que se prepara no barrio de Os Chaos en Monforte con Carlos Vázquez da comisión de festas e abrimos programa falando do convenio asinado entre o Lemos e o Calasancio con representantes das duas entidades.

Monforte na Onda 21/06/2018

Monforte na Onda 21/06/2018

O CCU Monforte busca model@s para a "Street Fashion Monforte" que prepara para o día 30. Falamos delo co xerente, Ángel Folgueira. Co técnico de cultura do Concello de Pantón, Javier González, repasamos roteiros literarios que teñen organizados para este sábado e outras actividades que preparan para a fin de semana. Auxilia Monforte pecha hoxe curso con xornada de confraternidade na área recreativa de Ribasaltas, da que falamos coa tesoureira da Asociación, Anabel López. E abrimos programa entrevistando a José Rodríguez Guntiñas, conserxe do IES Daviña Rei durante 40 anos.

Monforte na Onda 20/06/2018

Monforte na Onda 20/06/2018

Se queres saber como "cultivar o sentido do humor" hoxe tes unha cita na Casa da Cultura de Monforte cun especialista na materia, Fidel Delgado. Defínese como Titiripeuta e Transitólogo e hoxe entrevistámolo para que nos adiante algo da conferencia. Con Paula Vázquez Verao, deputada de En Marea por esta zona sur de Lugo, repasamos iniciativas que levan ao Parlamento para mellorar "o transporte público de toda esta zona". Con Beatriz Vila Freire delegada da Asociación de Hostalería falamos do concurso de tapas que preparan para "principiantes" e como cada mércores abrimos "Facendo Empresa" hoxe con Teresa González de Tempus. Rematamos resumindo outros asuntos da actualidade máis próxima.

Monforte na Onda 19/06/2018

Monforte na Onda 19/06/2018

Hoxe estamos pendentes da nova web do concello de Monforte que se presenta neste día e da que falamos na recta final do programa. Antes entrevistamos ao secretario do Padroado do Museo do Ferrocarril, Luis Blanco. Co doutor José Lopéz Castro falamos de eutanasia, morte asistida e sedación. Co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, repasamos o proxecto que poñen en marcha para rehabilitar vivendas e con Xosé Manuel Silva, secretario da CIG para a zona sur de Lugo, falamos da concentración que teñen convocada para hoxe.

Monforte na Onda 18/06/2018

Monforte na Onda 18/06/2018

Abrimos falando de Voleibol das cadetes do CV Ribeira Sacra que remataron o Campionato de España nun meritorio oitavo posto e do equipo alevín do CEIP A Gándara que se preparan tamén para competición nacional. Repasamos como vai a candidatura das Montañas do Courel para ser declaradas Xeoparque. Entrevistamos ao autor do cartel que anuncia as Festas Patronais de Monforte. Repasamos actualidade do concello de Pantón conversando co alcalde do citado concello. Entre outros asuntos, repasamos tamén premios da Cata de Tintos Galegos celebrada en Euskadi e na que fixeron pleno os viños da D.O. Ribeira Sacra. Falamos co adegueiro que recibiu o primeiro premio.