Monforte na Onda 06/15/2018

Monforte na Onda 06/15/2018

Cumpridos tres anos da chegada de José Tomé Roca á alcaldía monfortina, facemos con él balance e repasamos outros asuntos da actualidade local. Con Xosé Gago, falamos da Finde Canina que preparan para esta fin de semana no concello de A Pobra do Brollón. Co escritor Alfonso Eiré falamos do libro que hoxe presenta en Monforte "Memorias dunha vaca marela". Atendemos tamén ao libro que se presenta o domingo en Pantón e, entre outros asuntos, a unha cata de aceite que se prepara para este sábado na Praza de Abastos de Monforte.

Monforte na Onda 14/06/2018

Monforte na Onda 14/06/2018

Este xoves programa especial dende o IES Daviña Rei. Coñecemos a historia do centro, a súa oferta formativa, os proxectos que desenvolven, as actividades extraescolares… Falamos con diversos integrantes da comunidade educativa, profesorado, alumnado, directivos e membros da ANPA.

Monforte na Onda 13/06/2018

Monforte na Onda 13/06/2018

Xornada de festa local hoxe en Monforte. Celebramos San Antonio e repasamos a historia desta tradición co investigador Felipe Aira. Falamos con Mar López Sotelo da exposición que inaugurou no Centro do Viño con esgrafiados da Ribeira Sacra que valora tamén o presidente da Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego, Carlos Henrique Fernández Couto. Adicamos o espazo Facendo Empresa a "Raúl e Hijos" e, entre outros asuntos, co técnico Manolo Martínez buscamos a última hora do Campionato de España de Voleibol no que hoxe as Cadetes do CV Ribeira Sacra gañaron o primeiro partido que disputaron.

Monforte na Onda 12/06/2018

Monforte na Onda 12/06/2018

Falamos co gañador do concurso de tapas Diego Dapresa. Co presidente da Agrupación de Comerciantes de Mercadillos Ferroviarios, Juan José Sánchez, coñecemos algo máis da II Feira de Modelismo Ferroviario que acolle o Muferga esta fin de semana. Con Beatriz Rois, concelleira de cultura do concello de O Saviñao, repasamos actividades que preparan para este verán. E para saber algo máis das demandas da Asociación veciñal do Saviñao, entrevistamos ao seu vicepresidente, Manuel Sarmiento. Ademais, o Secretario de Acción Sindical de CCOO, Mario Docasar, repasa a orde do día da reunión que hoxe celebra no Concello de Monforte de Lemos o Consello Económico e Social.

Monforte na Onda 11/06/2018

Monforte na Onda 11/06/2018

Abrimos programa repasando con Oscar Rodríguez, técnico de deportes do concello de Monforte, os premios da Gala do Deporte. Con Beatriz Vila, delegada da Asociación de Hostalería, coñecemos resultado do Concurso de Tapas. Co ramista Ramón López, repasamos programa das Festas de San Antonio e falamos dunha APP que preparan no Ies A Pinguela sobre lendas co profesor de informática José Pino. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima que resumimos na recta final do programa.

Monforte na Onda 08/06/2018

Monforte na Onda 08/06/2018

Qué deportes practicaban as mulleres galegas entre 1850 e 1936? Foron "PIONEIRAS DO DEPORTE EN GALICIA" e son protagonistas deste libro que hoxe será presentado en Monforte pola propia autora, Cristina López Villar, falamos con ela e con Carlos Parada, presidente da Asociación que organiza este acto. Entrevistamos ao tenente alcalde do concello de Ribas de Sil, Roberto Castro, que repasa actividades desta fin de semana na Festa da Cereixa. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, conversamos tamén coa Eurodeputada Lídia Senra que ten organizada para mañá en Monforte unha xornada sobre os incendios forestais. Escoitamos tamén a usuarios do Centro de Saúde de Monforte onde se estrena novo sistema de xestión de turnos.

Monforte na Onda 07/06/2018

Monforte na Onda 07/06/2018

Abrimos programa entrevistando a Miguel Rodríguez, produtor de cereixa de Ribas de Sil. Repasamos novidades do Korbis con Jaime Vázquez en representación da xunta directiva. Coa psicóloga Isabel Torres falamos de intelixencia emocional e, entre outros asuntos, atendemos tamén á Romería da Federación de Círculos e Casinos que se celebra o domingo en Escairón, con Enrique Sampil.

Monforte na Onda 06/06/2018

Monforte na Onda 06/06/2018

Hoxe entrevistamos ao xurado profesional do CumeTapas Monforte. Falamos da Mostra Solidaria que terá lugar este xoves na Casa da Cultura de Monforte organizada polo departamento de peluquería e imaxe persoal do IES A Pinguela. Un membro do panel de cata de de Peñín valora o que cataron na Ribeira Sacra para o novo número da popular guía que edita e, entre outros asuntos, no espazo "Facendo Empresa" falamos hoxe de Instalaciones del Valle.

Monforte na Onda 05/06/2018

Monforte na Onda 05/06/2018

Programa especial desde A Pobra do Brollón. Repasamos potencialidades, recursos e proxectos do citado concello. Falamos con representantes políticos, con emprendedores, promotores turísticos e con adegueiros. Tamén con nen@s do citado concello e coa directora do CEIP.

Monforte na Onda 04/06/2018

Monforte na Onda 04/06/2018

O valor etnográfico, arqueolóxico e histórico do Courel será analizado nunhas xornadas das que falamos no programa con José Manuel Blanco da comisión organizadora. Entrevistamos a Carlos Montilla, director do Festival 17º Ribeira Sacra. A tesoureira de Auxilia Anabel Pérez fai balance da cea de confraternidade do pasado venres e entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, tamén atendemos á praga da "avispilla" que afecta aos castiñeiros. Buscamos a última hora sobre a mesma con Jesús Quintá, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia.