Monforte na Onda 01/06/2018

Monforte na Onda 01/06/2018

O Conselleiro de Sanidade presenta en O Saviñao o novo Centro de Saúde e a Conselleira de Medio Rural analiza en Pantón a actividade incendiaria do sur de Lugo. Na recta final do programa escoitamos que contaron. Antes falamos da Festa da Cereixa que se vai celebrar en Belesar esta fin de semana. Dun programa de formación e emprego que vota a andar o luns en Monforte. Das xornadas de portas abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra e da campaña que poñen en marcha no CEIP A Gándara para que o equipo alevín poida participar no Campionato de España de Voleibol que se vai celebrar en Valladolid.

Monforte na Onda 31/05/2018

Monforte na Onda 31/05/2018

Programa local hoxe reducido pola emisión do debate da Moción de Cesura. Resumidos asuntos que marcan a actualidade do día na zona sur da provincia de Lugo.

Monforte na Onda 30/05/2018

Monforte na Onda 30/05/2018

Abrimos co espazo "Facendo Empresa" e coñecemos algo máis de Melaza. Repasamos temas de actualidade municipal de Monforte conversando co rexedor local. Entre outros asuntos atendemos tamén a actividades que para este xoves prepara Cáritas para conmemorar o Día da Caridade.

Monforte na Onda 29/05/2018

Monforte na Onda 29/05/2018

Entrevistamos a Pilar López voceira dos ediles non adscritos do concello de Monforte. Co alcalde do concello de Sober falamos dos presupostos que veñen de aprobar en pleno e, entre outros asuntos, atendemos ao concurso convocado en Bóveda para elexir o cartel da Feira Outrora.

Monforte na Onda 28/05/2018

Monforte na Onda 28/05/2018

Abrimos programa entrevistando ao escritor Francisco Narla que hoxe presenta en Monforte "Laín. El Bastardo". Co adestrador José María Vega repasamos novos triunfos do taekwondo de Monforte. Entrevistamos á voceira de Esperta Monforte, Maribel García. E, entre outros asuntos, con Martín Alemparte, xerente do GDR Ribeira Sacra - Courel repasamos a situación na que está a candidatura a Xeoparque das montañas de O Caurel.

Monforte na Onda 25/05/2018

Monforte na Onda 25/05/2018

Abrimos programa conversando coa delegada da Asociación de Hostalería da X edición do CumeTapas que se presenta esta tarde en Monforte. Tamén conversamos con Adela Leiro que presenta este sábado o libro "Galiza, un país de primeira" a beneficio de GaliciAME. Entrevistamos a Julio Cortiñas da Asociación Prodeme e ao presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez.

Monforte na Onda 24/05/2018

Monforte na Onda 24/05/2018

Abrimos programa conversando co pianista Lucas López López, hoxe protagonista en Monforte do "Concerto de debutantes". Coas profesoras do ciclo de peluquería e estética do IES A Pinguela, Rosana Murias e Rocío Hermida falamos dunha Mostra Solidaria que preparan para o día 7 de Xuño. Presentado o II Festival do Viño da Ribeira Sacra, escoitamos intervencións do acto e, entre outros asuntos, ocupámonos tamén da final do concurso de cociña que para nenos ten lugar hoxe na Escola de Hostelería de Rosende.

Monforte na Onda 23/05/2018

Monforte na Onda 23/05/2018

Abrimos programa co espazo Facendo Empresa no que hoxe descubrimos "todo un mundo de cervexas". Coa directora da Escola de Idiomas de Monforte repasamos cambios que preparan para o próximo curso. Falamos dos xogos que Fademga prepara para este sábado en Sober. Novas do sector apícola cun técnico da Asociación Galega de Apicultura e entre outros asuntos, falamos de cambios na delimitación das terrazas de bares e restaurantes de Monforte que serán efectivos a partir de xuño.

Monforte na Onda 22/05/2018

Monforte na Onda 22/05/2018

Repasamos novas do concello de Monforte conversando co alcalde José Tomé Roca. Antes a deputada de En Marea, Paula Vázquez repasa iniciativas que leva ao Parlamento en relación ao Hotel Palacio de Sober. Falamos tamén co alcalde soberino, Luis Fernández Guitián e coa adestradora do club Quicela de Ximnasia Rítmica, Jessica Quiroga. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima que repasamos tamén neste día na recta final do programa.

Monforte na Onda 21/05/2018

Monforte na Onda 21/05/2018

Abrimos programa falando con Julio Álvarez, alcalde do Concello de Quiroga, da Mostra do Aceite celebrada onte en Bendilló. Co profesor Xurxo Ayán Vila repasamos resultados da última campaña arqueolóxica que levaron a cabo en Repil. Entrevistamos á voceira do PP de Monforte, Julia Rodríguez. Repasamos con Martín Alemparte, xerente do GDR Ribeira Sacra - Courel actividades nas que traballan para implicar aos estudantes na promoción do territorio e co técnico de deportes do Concello de Monforte de Lemos, Oscar Rodríguez, repasamos candidatos a ser premiados na Gala do Deporte do 8 de xuño.