Monforte na Onda 18/05/2018

Monforte na Onda 18/05/2018

Abrimos programa conversando coa escritora Celia Díaz nomeada onte filla adoptiva de Quiroga. En Quiroga tamén é noticia a mostra do aceite que preparan para o domingo. Deste produto falamos co profesor José Espinosa. Repasamos varios temas de actualidade no concello de Sober conversando co alcalde, Luis Fernández Guitián e entre outros asuntos atendemos tamén ao novo mercado temático que se prepara en Monforte para esta fin de semana na Praza de Abastos.

Monforte na Onda 16/05/2018

Monforte na Onda 16/05/2018

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" que hoxe adicamos a coñecer a Roberto Flammini, un italiano que aposta polo sector vitícola na Ribeira Sacra. Entrevistamos á Mª Luz Cid, presidenta dunha asociación que se ven de crear para axudar a persoas con transtornos alimenticios. Falamos co presidente da ANPA do Colexio Novo, José Manuel Rodríguez, das Olimpiadas Escolares que están organizando para mañá. O voceiro do PSOE de Pantón, Pedro Rodríguez, repasa mocións que presentan ao pleno de hoxe e entre outros asuntos falamos tamén do Plan Único da Deputación de Lugo.

Monforte na Onda 15/05/2018

Monforte na Onda 15/05/2018

Repasamos cos membros do comité de folga os acordos aos que chegaron coa xerencia para desconvocar os paros que viñan mantendo os martes e os xoves no Hospital Comarcal. Antes entrevistamos á alcaldesa de Ponferrada, presidenta da recen creada Asociación de Municipios do Camiño de Inverno. Falamos de talleres que se van a organizan en Monforte para pacientes oncolóxicos e familiares dos mesmos. Coa presidenta da Asociación de veciños da Florida repasamos un acto informativo que programan para mañá sobre os pasos a nivel e tamén actividades da UAD neste caso conversando coa educadora deste centro.

Monforte na Onda 14/05/18

Monforte na Onda 11/05/2018

Abrimos falando do Correlingua que hoxe chega a Monforte con Lucia Barreiro, coordinadora desta actividade. Co alcalde de Pantón facemos balance da Mostra dos viños celebrada esta fin de semana e da festa da empanada e conversamos co pregoeiro, co actor Carlos Blanco. Entrevistamos a Isabel Pardo, directora xeral do departamento de explotación e construción do Adif, galardoada co premio "Monforte ao Ferrocarril" e tempo tamén para a homenaxe realizada o sábado a Germán Macía.

Monforte na Onda 11/05/2018

Monforte na Onda 11/05/2018

Todo preparado en Pantón para celebrar esta fin de semana a Mostra dos viños e a festa da empanada. Falamos desta cita co alcalde José Luis Álvarez e co concelleiro Roberto Eireos. Antes repasamos con Moncha Prieto, actividades organizadas en Sober para celebrar este sábado a Festa das Letras. E conversamos co director da Banda de Música de Sober, Miguel Franqueiro, hoxe tuba da Orquesta de RTVE. Entrevistamos tamén a Lucía Pérez que hoxe estrena novo disco e ocupámonos tamén da entrega do Premio "Monforte al Ferrocarril". Escoitamos á galardoada e outros intervintes neste acto.

Monforte na Onda 10/05/2018

Monforte na Onda 10/05/2018

Abrimos programa conversando cos alumnos do IES Río Cabe que ganaron o Rally de Matemáticas. Falamos dos actos de homenaxe a Germán Macía, que se prepara para este sábado. Da cea benéfica que está organizando Auxilia e da sexta xornada de folga que se vive hoxe no Hospital Comarcal.

Monforte na Onda 09/05/2018

Monforte na Onda 09/05/2018

Abrimos co espazo "Facendo Empresa" no que hoxe falamos coa emprendedora Elke Rodríguez que pon en marcha un novo posto na Praza de Abastos. Entrevistamos á coordinadora da Rota do Románico de Pantón, Flora Enriquez. Coa voceria nacionalista do concello pantonés, Rosana Prieto, lembramos ao que foi voceiro do BNG no citado concello, Xesús Álvarez Goyanes, que será soterrado hoxe. Entrevistamos tamén á monitora da aula de informática do concello de Sober, Rocio Fernández.

Monforte na Onda 08/05/2018

Monforte na Onda 08/05/2018

Este martes desde o Colexio Monte Baliño programa especial adicado ao concello de Pantón. Conversamos con nenos e profesores. Falamos da Mostra do Viño e das Xornadas do Románico. Entrevistamos a adegueiros, a gandeiros, a xente do sector hostaleiro e do turismo rural, promotores turísticos e representantes municipais.

Monforte na Onda 07/05/2018

Monforte na Onda 07/05/2018

O 45% dos parados da zona sur de Lugo están en Monforte onde CCOO denuncia a precariedade dos contratos no sector servizos. Falamos desto co secretario de acción sindical do citado sindicato, Mario Docasar. Son noticia tamén premios para alumnos do IES Río Cabe, falamos coa profesora Carmen Morais, e para unha alumna do IES A Pinguela, niste caso danos máis datos o director deste IES, Enrique Sampil. Con Marta Villén repasamos actividades que preparan para as Xornadas de portas abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra. Entre outros asuntos, atendemos tamén aos resultados do Campionato Galego de Taekwondo que se celebrou onte en Monforte.

Monforte na Onda 04/05/2018

Monforte na Onda 04/05/2018

No programa de hoxe falamos con Felipe Castro que inaugura no Centro do Viño unha exposición de fotografía sobre o Concello de Sober. Entrevistamos ao músico Abraham Cupeiro que hoxe actúa en Monforte. Falamos das Festas de Distriz e dunha xornada de portas abertas que mañá terá lugar no Parador de Turismo de San Vicente para alumnos de 40 centros de ensino de diversos puntos de Galicia. Entre outros asuntos da actualidade máis próxima que repasamos na recta final do programa.