Monforte na Onda 03/05/2018

Monforte na Onda 03/05/2018

Cuarta xornada de folga no Hospital Comarcal de Monforte. Contámoslle como transcurre conversamos con Maribel García, en representación das enfermeiras e auxiliares de quirófano reclaman que se investigue "quen boicotea esta área". Entrevistamos ao alcalde de Monforte, José Tomé Roca. Entre outros asuntos, falamos da festa dos maios que se celebra esta tarde na Praza de España.

Monforte na Onda 02/05/2018

Monforte na Onda 02/05/2018

Abrimos programa co espazo "Facendo empresa" hoxe entrevistamos ao empresario Eduardo Iglesias. Co alcalde de A Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, falamos da Feira do Viño de Vilachá de Salvadur que se vai celebrar esta fin de semana. Entre outros asuntos, co secretario local da CIG, Xosé Manuel Silva, repasamos a situación na que se atopa unha traballadora do servizo de limpeza que leva oito meses sen cobrar.

Monforte na Onda 30/04/2018

Monforte na Onda 30/04/2018

No programa de hoxe facemos balance da Carreira Popular celebrada en Monforte este domingo co técnico de deportes Oscar Rodríguez. Tamén conversamos con Verónica Contreras, adestradora do cadete feminino do C.V. Ribeira SACRA que obtiña onte o subcampionato galego. Falamos da medalla de bronce que en Taekwondo conseguiu Elena Varela e Alex Camba en Grecia, no Campionato do Mundo, conversamos con eles e co adestrador, José María Vega. Conversamos tamén con Julia Rodríguez, voceira do PP de Monforte.

Monforte na Onda 27/04/2018

Monforte na Onda 27/04/2018

Unhas 1.300 persoas participarán este domingo na Carreira Popular que se vai celebrar en Monforte. Falamos dela co técnico de deportes Oscar Rodríguez. Cristina Rico, técnica de turismo do Consorcio, preséntanos o Festival de Sendeirismo que están preparando para os días 12 e 13 de maio. Conversamos con Maribel García de Esperta Monforte e co voceiro do BNG Emilio Sánchez. Con Rafael Castillo Reboiro repasamos o acto de homenaxe a represaliados que terá lugar este sábado en A Pobra do Brollón e con María Jesús González falamos de actos que esta tarde teñen en San Vicente en homenaxe á Virxe de Monserrat, hoxe de santo.

Monforte na Onda 26/04/2018

Monforte na Onda 26/04/2018

Segunda xornada de folga no Hospital Comarcal de Monforte con menos incidencia que o pasado martes. Repasamos participación co Comité de Folga e coa xerencia. Mario Docasar de CCOO repasa actividades que preparan para conmemorar o primeiro de maio e o día da Seguridade no traballo. Co subdelegado do goberno, Ramón Carballo repasamos resultados da xunta local de seguridade. Falamos dos últimos premios que veñen de recibir viños da D.O. Ribeira Sacra en Viniespaña coa adegueira que recibiu un Gran Ouro, Xiana Domínguez e tamén tempo para o teatro. Hoxe en Monforte o grupo Chévere con "Goldi Libre", falamos co actor César Goldi.

Monforte na Onda 25/04/2018

Monforte na Onda 25/04/2018

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" repasando a historia de Muebles Florida con Roberto González. Seguimos falando do paro de onte no Hospital Comarcal de Monforte conversando cos integrantes do Comité de Folga. Entre outros asuntos, entrevistamos á Directora Xeral de Patrimonio para que nos explique as obras que van a facer na Igrexa de San Vicente do Pino.

Monforte na Onda 24/04/2018

Monforte na Onda 24/04/2018

Concentración no Hospital Comarcal completando a xornada de folga convocada por catro dos sete sindicatos que forman parte da xunta de persoal. Dos 288 traballadores que hoxe tiñan que traballar na quenda da mañá, 33 fixeron folga, hai 177 en servizos mínimos e o resto está traballando. Falamos no programa de hoxe deste paro cos sindicatos e tamén co xerente deste centro hospitalario. Entre outros asuntos, entrevistamos tamén neste día á bibliotecaria de O Saviñao.

Monforte na Onda 23/04/2018

Monforte na Onda 23/04/2018

Pladesapu de Monforte apoia a convocatoria de folga no Hospital Comarcal de Monforte de Lemos. Falamos desto coa voceira da Platatorma, Paqui Vázquez. Antes repasamos actividades culturais coa concelleira Marina Doutón, e conversamos cos deportistas do Neka e o propio adestrador que viaxan cara Grecia onde participarán no Campionato Mundial de Taekwondo. Repasamos novas do concello de Sober, conversando co alcalde do citado concello e atendemos tamén a unha iniciativa interxeracional que se celebra hoxe no Colexio dos Escolapios en colaboración de Afundación.

Monforte na Onda 20/04/2018

Monforte na Onda 20/04/2018

Abrimos conversando con investigador Manuel Gago que participa este sábado en A Pobra do Brollón da xornada divulgativa sobre a guerrilla e a batalla de Repil. Con Martín Alemparte, xerente do GDR Ribeira Sacra Courel, falamos da xornada de educación ambiental que hoxe teñen no Courel con máis de 200 rapaces. Entrevistamos á voceira nacional do BNG, Ana Pontón, hoxe en Monforte para reunirse con traballadores do sector ferroviario e do hospital comarcal. Maria Torres, da compañía de teatro Elefante Elegante fálanos da representación teatral que traen este domingo a Monforte. Entre outros asuntos falamos tamén da situación económica do concello de Monforte.

Monforte na Onda 18/04/2018

Monforte na Onda 18/04/2018

No espazo "Facendo Empresa" Diego Xesús López González e Hector Silva Martinez veñen a falarnos dunha nova proposta de Chacueca, a cervexa Mikado. Falamos coa secretaria xeral de Satse Galicia que nos explica porque se descolgan da convocatoria de folga no Hospital Comarcal de Monforte. Escoitamos tamén aos representantes do resto dos sindicatos que manteñen a convocatoria. Conversamos co avogado Alberto Ferreiro e repasamos outros asuntos da actualidade máis próxima.