Monforte na Onda 17/04/2018

Monforte na Onda 17/04/2018

Empeza unha nova campaña de escavacións en Repil en A Pobra do Brollón. Falamos dela co profesor Xurxo Ayán e o arqueólogo Xosé Gago. Este venres a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra presenta a nova web. Cambios que repasamos coa presidenta da Asociación, Aida Menéndez. Entre outros asuntos, entrevistamos ao subdirector de prevención e defensa contra os lumes, Miguel Cela.

Monforte na Onda 16/04/2018

Monforte na Onda 16/04/2018

Hoxe coñecemos algo máis da empresa que se encargará das viaxes en globo pola Ribeira Sacra, conversamos con Elena Estudillo. Repasamos novas do concello de Ribas de Sil conversando co tenente alcalde, Roberto Castro. Co acalde de Sober, Luis Fernández Guitián falamos da Festa dos Avós e, entre outros asuntos, falamos da exposición que hoxe se inaugura na casa da cultura de Monforte co autor das esculturas, Henrique Prado.

Monforte na Onda 13/04/2018

Monforte na Onda 13/04/2018

Abrimos programa conversando co presidente do CRDORS, José Manuel Rodríguez, da presenza desta D.O en Alimentaria e da cata que hoxe se está facendo na sede do Consello. Cata da que falamos tamén cun dos participantes, José Luis del Campo. Entre outros asuntos, con Xosé Manuel Silva, da CIG, falamos da concentración que preparan para este domingo en Monforte en defensa das pensións.

Monforte na Onda 12/04/2018

Monforte na Onda 12/04/2018

Convocada folga no Hospital Comarcal de Monforte. Explican motivos representantes da Xunta de Persoal. Co responsable do sector ferroviario de CCOO repasamos necesidades que o sector ten en Monforte. Co presidente de Amafer falamos do fallo do premio "Monforte al Ferrocarril" e entre otros asuntos, entrevistamos ao escultor Cándido Caneiro que expón no Centro do Viño.

Monforte na Onda 11/04/2018

Monforte na Onda 11/04/2018

Abrimos co espazo "Facendo Empresa" hoxe con Paula González falamos de Perriturismo. Francisco Ruiz Aldereguía cóntanos de que vai o libro que presenta este xoves sobre un militar de Quiroga do século XVII. Buscamos a última hora do incendio de A Parte conversando con Mar Domínguez, coordinadora do Parque Comarcal de Bombeiros. Con Cristina Rico do Consorcio Turístico falamos das viaxes en globo que programan para os próximos meses e entre outros asuntos, atendemos ao coworking que onte pola tarde foi presentado en Expo Lemos.

Monforte na Onda 10/04/2018

Monforte na Onda 10/04/2018

Abrimos programa repasando historia da cardióloga do Hospital Comarcal María Luisa Vázquez Pedreda que acaba de xubilarse. Chegou a este hospital cando se estaba poñendo en marcha. Entrevistamos tamén á voceira do PP de Monforte, Julia Rodríguez. Entre outros asuntos, conversamos tamén co adestrador do Neka, José María Vega.

Monforte na Onda 09/04/2018

Monforte na Onda 09/04/2018

Abrimos programa conversando con Carmen Varela da Asociación O Sorriso de Daniel, coa que repasamos alegaciòns que presentaron ao expediente para declarar BIC a Ribeira Sacra. Co profesor de cociña da Escola de Hostalería de Rosende, Santiago Martínez, coñecemos algo máis do concurso que teñen en marcha con alumnos da comarca de Lemos entre os que buscan "o mellor chef xuvenil da zona". Entre outros asuntos, falamos de distintivos de calidade entregados a establecementos da Ribeira Sacra, con Francisco Xabier Almuiña, propietario de Casa do Romualdo.

Monforte na Onda 06/04/2018

Monforte na Onda 06/04/2018

Coa técnica do Consorcio de Turismo, Cristina Rico, repasamos a sesión plenaria que celebraron onte. Con Manolo Martínez do Club Voleibol A Pinguela, falamos dos campionatos nos que participan os equipos das diferentes categorias deste clube e da organización do campionato cadete galego en Monforte. Entrevistamos tamén a Xosé Manuel Vázquez, autor do libro "Esgrafiados na Ribeira Sacra. De tradición cultural a recurso turístico".

Monforte na Onda 05/04/2018

Monforte na Onda 05/04/2018

Hoxe abrimos programa conversando con Rosana Prieto, voceira do BNG no concello de Pantón, sobre alegacións que presentaron para que o Poboado da Chaira sexa declarado BIC. Os premios do deporte do Concello de Monforte de Lemos xa teñen candidaturas e delas falamos co técnico de deportes Oscar Rodríguez. Iremos ata o Concello de A Pobra do Brollón para coñecer máis sobre o Festival de Brindo que celebran esta tarde conversando con Mónica Pinheiros, concelleira de Turismo e Eventos. Pechamos programa conversando con Alberte Montes, actor e monologuista quirogués que participa na serie de Antena 3 "Fariña".

Monforte na Onda 04/04/2018

Monforte na Onda 04/04/2018

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" hoxe coñecemos algo máis sobre Kukay Pet Boutique conversando cos promotores deste novo establecemento, Xenia e Javier Monterde. Analizamos os datos do paro con Mario Docasar, secretario de acción sindical de CCOO. Con Nieves Domínguez, orientadora do Ies Daviña Rey, falamos de obradoiros de xornalismo que hoxe realizan no centro. Tamén conversamos co alcalde do Concello de Monforte de Lemos, José Tomé, sobre os presupostos do Estado, e falaremos co director da banda de Sober, Miguel Franqueiro, sobre os concertos nos que participará en Italia coa Orchestra del Teatro Regio de Torino. Co director do Muferga, Luis Blanco, repasamos a visita feita a este museo polo Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.